PEDIREMOS QUE SE SUBSTITÚA AOS PROFESIONAIS DO PAC NAS SÚAS AUSENCIAS, EVITANDO QUE TEÑAN QUE ASUMIR AS CONSULTAS OS DEMAIS PROFESIONAIS DA QUENDA COA CONSEGUINTE CARGA DE TRABALLO, NOMEADAMENTE EN SERVIZOS CON USUARIAS HIPERCUALIFICADAS COMO URXENCIAS PSIQUIÁTRICAS
Levaremos ao Pleno a situación do PAC e o centro de saúde do Carregal e as deficiencias no servizo sanitario
O BNG pedirá o apoio do Pleno para esixir ao goberno galego que substitúa a xornada completa aos profesionais do centro de saúde do Carregal cando falten a consecuencia de baixas, vacacións, licenzas ou permisos para garantir un servizo de calidade, nomeadamente en servizos coma pediatría, xinecoloxía ou matrona
Pediremos igualmente que se substitúa aos profesionais do PAC nas súas ausencias, evitando que teñan que asumir as consultas os demais profesionais da quenda coa conseguinte carga de traballo, nomeadamente en servizos con usuarias hipercualificadas como urxencias psiquiátricas
O BNG pedirá o apoio do Pleno para esixir ao goberno galego que substitúa a xornada completa aos profesionais do centro de saúde do Carregal cando falten a consecuencia de baixas, vacacións, licenzas ou permisos para garantir un servizo de calidade, nomeadamente en servizos coma pediatría, xinecoloxía ou matrona
Pediremos igualmente que se substitúa aos profesionais do PAC nas súas ausencias, evitando que teñan que asumir as consultas os demais profesionais da quenda coa conseguinte carga de traballo, nomeadamente en servizos con usuarias hipercualificadas como urxencias psiquiátricas
Betanzos, 22 de xaneiro de 2019. O BNG trasladará ao Pleno a situación do PAC e o centro de saúde do Carregal e as deficiencias no servizo que levan tempo causando queixas das persoas usuarias. “Levamos tempo pedindo que se contrate persoal para substituír as baixas e vacacións sobre todo en determinadas especialidades como pediatría ou matrona que xa están nunha situación precaria na nosa comarca e que se non substitúen se volve insostíbel”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “ Un dos temas que máis alarma social está provocando na sociedade galega é o gravísimo deterioro da sanidade pública. Un deterioro que é o resultado dos graves recortes e privatizacións que o Partido Popular leva realizado desde 2009, e que están poñendo en risco a saúde e a vida das persoas”, engadiu.
“Durante os últimos nove anos, o PP impulsou todo tipo de medidas que afondaron neste desmantelamento: redución de orzamentos, de centos de profesionais, de máis de 700 camas, privatización masiva de servizos, derivacións de doentes a centros privados... A Atención Primaria foi o ámbito da sanidade pública galega que con máis intensidade sufriu os recortes. Nos orzamentos da Xunta deste ano 2019 destínanse 188 millóns de euros menos que os que había en 2009, cun recorte acumulado de arredor de 2.188 millóns de euros”, engadiu o portavoz nacionalista.
O BNG pedirá o apoio do Pleno para esixir ao goberno galego que substitúa a xornada completa aos profesionais do centro de saúde do Carregal cando falten a consecuencia de baixas, vacacións, licenzas ou permisos para garantir un servizo de calidade, nomeadamente en servizos coma pediatría, xinecoloxía ou matrona. “Levamos anos presentando emendas aos orzamentos da Xunta para que se amplíe o crédito para contratar persoal, mais o PP sempre votou en contra”, engadiu del Río.
“Pediremos igualmente que se substitúa aos profesionais do PAC nas súas ausencias, evitando que teñan que asumir as consultas os demais profesionais da quenda coa conseguinte carga de traballo, nomeadamente en servizos con usuarias hipercualificadas como urxencias psiquiátricas”, indicou o portavoz do BNG
Deficiencias no Centro de saúde
O BNG pedirá tamén que se amañen as deficiencias no centro de saúde como o pavimento esvaradío e pozas na praza de acceso principal, corredores de madeira cheos de limo, deficiencias de illamento, cubertas e canalóns.