sanidade
Novas

O BNG alerta dos recortes no centro de saúde durante o verán

As nacionalistas esíxenlle á Consellaría de Sanidade que contrate persoal de pediatría de reforzo durante o verán para garantir a realización dos controis de saúde

Nas semanas pasadas, as usuarias xa tiveron que sufrir a ausencia da traballadora social, ao non se cubrir a baixa laboral da profesional do centro de especialidades

Ler novas
Novas
Salvador González é concelleiro do BNG

O BNG solicita que o Concello medie para dotar de aseo a consulta de xinecoloxía

As nacionalistas advirten que carecer deste aseo priva de intimidade ás usuarias e destacan que o centro de saúde do Carregal atende toda a comarca nestas especialidades.

O BNG presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para dotar de persoal abondo o centro de atención primaria do Carregal e mais para corrixir as eivas nas instalacións. 

Ler novas
Novas
O grupo municipal do BNG

O BNG propón constituir o Consello Social da Lingua para impulsar a participación cidadá na recuperación do galego

As nacionalistas propoñerán acelerar a redaciòn do PEPRI do Casco Histórico e o Plan de Dinamización da Área Rexurbe para atallar os problemas estruturais da zona monumental en canto a vivenda, urbanización e habitabilidade

O BNG tamén propoñerá respaldar as demandas da plataforma SOS Sanidade Pública sobre as carencias da atención primaria

Ler novas
Novas

O BNG rexistra unha batería de iniciativas no Parlamento para demandar pediatras e especialistas no centro de saúde de Betanzos

“Aínda hai un par de semanas o Pleno do Concello de Betanzos aprobaba unha iniciativa demandando a cobertura de prazas de pediatría e especialidades porque a situación no ambulatorio, lonxe de solucionarse, vense agravando ano tras ano e concurso de traslados tras concurso de traslados”

Para o BNG, resulta lamentable que a Xunta estea obrigando a que “unha familia con varios fillos non teña asignado pediatra por agrupamento familiar no seu concello, senón cadanseu pediatra en concellos diferentes”

Ler novas
Novas
Salvador Fernández é edil do BNG

O pleno, por iniciativa do BNG, reclama á Xunta que dote o ambulatorio do Carregal de pediatras e especialistas

Salvador González: "despois do último concurso de traslados e da asignación de novas pediatras ao noso centro de especialidades, estase a comunicar ás familias que acaban de ter bebés que as pediatras non teñen cupo, forzándoas a presentar escritos para que se lle asigne un pediatra aos seus fillos e fillas".

"Faría ben o PP en demandarlle á Xunta que poña pediatras e especialistas no centro de saúde do Carregal en lugar de vir ao Pleno a defender a indefendíbel política de desmantelamento da sanidade pública da Xunta"

Ler novas
Novas

O BNG levará ao Pleno o colapso da atención primaria no centro de saúde do Carregal

No noso ambulatorio contamos con oito médicos e dúas pediatras para atender unha poboación que o SERGAS estima en 13440 pacientes, o que supón superar moi amplamente o cupo de pacientes por doutor que a Lei que aprobou o PP indica”

O BNG presentará outra moción para demandar á Consellaría de Infraestruturas e mobilidade a atender as demandas das persoas afectadas pola redución de frecuencias e horarios das liñas de autobús e a ofrecer todos aqueles servizos que sexan necesarios para permitir unha correcta conectividade entre Betanzos, A Coruña e Ferrol

Ler novas