Denunciamos o peche do servizo de xinecoloxía no centro de saúde do Carregal
“Ao igual que sucede noutros servizos como o de pediatría, tampouco se cobren as vacacións no servizo de xinecoloxía do centro de especialidades de Betanzos durante o mes de agosto e estanse derivando pacientes ao Ventorrillo provocando o colapso neste centro de especialidades”
“Ao igual que sucede noutros servizos como o de pediatría, tampouco se cobren as vacacións no servizo de xinecoloxía do centro de especialidades de Betanzos durante o mes de agosto e estanse derivando pacientes ao Ventorrillo provocando o colapso neste centro de especialidades”
Betanzos, 2 de agosto de 2017. O BNG denunciou que o servizo de xinecoloxía do centro de especialidades de Betanzos está pechado todo o mes de agosto e a veciñanza do concello de Betanzos e a súa comarca está sendo derivada ao centro de especialidades do Ventorrillo, na Coruña, para recibir este servizo. “Ao igual que sucede noutros servizos como o de pediatría, tampouco se cobren as vacacións no servizo de xinecoloxía do centro de especialidades de Betanzos durante o mes de agosto e estanse derivando pacientes ao Ventorrillo provocando o colapso neste centro de especialidades”, denunciou o portavoz do BNG, Henrique del Río.
As nacionalistas anunciaron que trasladarán este tema ao Parlamento galego e reclamarán ao SERGAS que garanta a calidade do servizo e contrate persoal para cubrir as baixas e vacacións do persoal. “Este centro de especialidades é o de referencia para toda a comarca de Betanzos e non cubrir a praza de persoal provoca problemas para todas as persoas usuarias que teñen que desprazarse nalgúns casos como o de Aranga máis de 3 cuartos de hora até o centro do Ventorrillo”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río.
O Pleno aprobou por unanimidade reclamar á Xunta que cubra as prazas de persoal do centro de saúde
O BNG recordou que o Pleno aprobou por unanimidade a súa moción na que pedía reclamar á Xunta que cubra as baixas e vacacións de persoal do centro de saúde do Carregal, e que levan varios anos presentando emendas ao orzamento da Xunta pedindo que garanta unha asistencia de calidade nos servizos médicos da comarca das Mariñas.