O BNG reclama de novo que se cubran as baixas e vacacións no centro de saúde

Henrique del Río é o voceiro do BNG
Henrique del Río é o portavoz municipal do BNG

Este feito non é puntual, senón que en abril xa presentaron unha moción similar tanto nos concellos da comarca como no Parlamento Galego para mellorar os servizos de pediatría e matrona

O BNG reclama de novo que se cubran as baixas e vacacións no centro de saúde

Este feito non é puntual, senón que en abril xa presentaron unha moción similar tanto nos concellos da comarca como no Parlamento Galego para mellorar os servizos de pediatría e matrona

Betanzos, 21 de outubro de 2016. O BNG demandará novamente no Pleno que o Concello exixa á Xunta que se cubran as vacacións, permisos e baixas do persoal no centro de saúde de Betanzos. “Nas pasadas semanas estivo funcionando o servizo de pediatría cunha única facultativa debido a que o SERGAS non cubre as baixas ou vacacións dos profesionais". "Neste caso concreto, ademais, repercute moi negativamente na calidade e prestación do servizo debido ao retraso que isto provoca nos controis de idade para as crianzas" explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río, facéndose eco das queixas dos propios profesionais do centro de saúde.

"Non é unha situación puntual deste servizo, pois é a práctica habitual co servizo de matrona e, a dicir de profesionais e usuarias do centro de saúde que nos teñen feito chegar o seu malestar, dáse nas restantes consultas de maneira usual a causa do proceder do SERGAS, que no mellor dos casos cobre a media xornada estas baixas, substitucións, etc" engade Del Río.

As nacionalistas lembran que este feito non é puntual, senón que en abril xa presentaron unha moción similar tanto nos concellos da comarca como no Parlamento Galego para mellorar os servizos de pediatría e matrona. "Non é só este ano, isto motivou que presentaramos emendas aos orzamentos da Xunta desde o ano 2014 até o actual cando menos en demanda de máis fondos para máis persoal" lembra o edil do BNG.

Insisten en que a situación afecta negativamente á calidade do servizo público de saúde na localidade e nas que dependen do centro de saúde do Carregal- Aranga, Coirós, Irixoa e Paderne. Explican desde o BNG que isto obriga a botar man dos servizos de urxencias á mínima, con desprazamentos ao hospital Teresa Herrera e o colapso das urxencias. "Non é xusto que teñamos peores servizos en vilas e concellos rurais que na cidade, "conclúe.
Zona de los archivos adjuntos
 

O BNG reclama de novo que se cubran as baixas e vacacións no centro de saúde