"FAI FALTA UN PROXECTO CLARO DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO, CREAR AS CONDICIÓNS PARA QUE SEXA UN BARRIO PARA VIVIR E TRABALLAR QUE É ALGO QUE O GOBERNO DO PSOE NON ASUME. NÓS TÉMOLO CLARO E CREMOS QUE É POSÍBEL IGUAL QUE O FOI EN ALLARIZ, RIBADEO OU PONTEVEDRA"

Del Río: "non abonda con que a Xunta compre unhas casas no Casco Histórico, o goberno ten que actuar xa"

BNG; Betanzos;
01-DECEMBRO-2018;
Del Río no Casco Histórico

O BNG demanda ao goberno local que tome medidas agora en defensa do Casco Histórico, tanto para protexer o patrimonio como para garantir a seguridade da veciñanza.

"Fai falta un proxecto claro de rehabilitación do Casco Histórico, crear as condicións para que sexa un barrio para vivir e traballar que é algo que o goberno do PSOE non asume. Nós témolo claro e cremos que é posíbel igual que o foi en Allariz, Ribadeo ou Pontevedra"

Del Río: "non abonda con que a Xunta compre unhas casas no Casco Histórico, o goberno ten que actuar xa"

O BNG demanda ao goberno local que tome medidas agora en defensa do Casco Histórico, tanto para protexer o patrimonio como para garantir a seguridade da veciñanza.

"Fai falta un proxecto claro de rehabilitación do Casco Histórico, crear as condicións para que sexa un barrio para vivir e traballar que é algo que o goberno do PSOE non asume. Nós témolo claro e cremos que é posíbel igual que o foi en Allariz, Ribadeo ou Pontevedra"

Betanzos, 31 de xaneiro de 2019. O BNG lamentou o último derrubamento dunha vivenda baleira, producido esta madrugada na rúa de Quiroga. "Consideramos moi grave que en pouco máis dunha semana teñamos dous derrubos máis no Casco Histórico, o que evidencia que estamos nunha situación moi preocupante que exixe que o Concello actúe xa", explicou o voceiro do BNG, Henrique del Río.

"Hai que actuar xa", enfatiza, "con mercar unhas casas a Xunta non se amaña a situación límite do Casco Histórico". "Estamos perdendo o noso maior activo e o que podería ser a nosa maior fonte de riqueza e ademais é un risco para a veciñanza", advirte. "De momento non resultou nunca mancado ninguén, pero se en lugar de caer de noite esta casa caera de día quen sabe, non se pode fiar todo á sorte", engade.

O BNG demanda ao goberno local que tome medidas agora en defensa do Casco Histórico, tanto para protexer o patrimonio como para garantir a seguridade da veciñanza. "Fai falta un proxecto claro de rehabilitación do Casco Histórico, crear as condicións para que sexa un barrio para vivir e traballar que é algo que o goberno do PSOE non asume", explica Del Río. "Nós témolo, e temos claro que é posíbel igual que o foi en Allariz, Ribadeo ou Pontevedra e querémolo para Betanzos", conclúe.

Del Río: "non abonda con que a Xunta compre unhas casas no Casco Histórico, o goberno ten que actuar xa"