AS NACIONALISTAS PROPOÑE TRASLADAR O MOBILIARIO QUE ENTORPECE O TRÁNSITO PEONIL
O BNG reclama a limpeza e recolocación dos colectores de lixo

O BNG entende que “non hai espacio abondo para instalar colectores de maneira satisfactoria para a veciñanza, porque ocupan o espazo público que teñen que compartir persoas, vehículos e, en moitos, casos, terrazas de hostalaría” e urxe a repensar o modelo de recollida optando polo “porta a porta”
Advirte da suciedade e falta de mantemento de colectores soterrados, amoreamento en zonas de tránsito ou retirada de outros colectores de recollida selectiva para colocar os novos
O BNG entende que “non hai espacio abondo para instalar colectores de maneira satisfactoria para a veciñanza, porque ocupan o espazo público que teñen que compartir persoas, vehículos e, en moitos, casos, terrazas de hostalaría” e urxe a repensar o modelo de recollida optando polo “porta a porta”
Betanzos, 27 de marzo de 2025. O BNG propuxo no Pñleno repensar a colocación dos colectores de lixo nas rúas de Betanzos. O concelleiro nacionalista Salvador González explicou que coa instalación do novo colector para a fracción non reciclábel do lixo estanse creando numerosos problemas á veciñanza.
Dunha banda, a instalación deste colector para os refugallos orgánicos como os cueiros ou o papel sucio deu lugar á retirada de outros por parte do Consorcio das Mariñas. “Non entendemos ben porque en lugar de colocar ese colector gris, a maiores, o que se fixo foi retirar os colectores amarelos, que nada teñen que ver con ese gris” explicou no pleno o concelleiro do BNG Salvador González. “Nestes colectores amarelos o que se deposita son os plásticos. Ao retiralos deixan á veciñanza sen a posibilidade de realizar a reciclaxe correctamente” abundou.
Por outra parte, a falta de limpeza e mantemento dos colectores soterrados ubicados en varios puntos do centro de Betanzos ten ocasionado amoreamento de colectores. “Os veciños e veciñas tamén mostran o seu malestar polos malos cheiros e provocan un problema pola proliferación de ratas” indicou Salvador González para urxir ao goberno do PSOE a limpeza e mantemento destes colectores.
As nacionalistas, que demandaron hai uns meses que se organicen charlas divulgativas sobre o novo colector marrón e a maneira correcta de separar o lixo para a veciñanza, entenden que é preciso “reformular a colocación dos colectores do lixo e acabar co caos actual”.
Neste sentido, o BNG entende que “non hai espacio abondo para instalar colectores de maneira satisfactoria para a veciñanza, porque ocupan o espazo público que teñen que compartir persoas, vehículos e, en moitos, casos, terrazas de hostalaría”. Por este motivo, as nacionalistas entenden necesario “facer unha reflexión sobre a maneira de usar o espazo público, que é limitado, e está ocupándose cada día con máis obxectos en detrimento do espazo para as persoas”. Por este motivo, chaman a valorar outros métodos de recollida selectiva dos residuos urbanos, recordando que veñen defendendo hai tempo para Betanzos o modelo do “porta a porta, que é máis eficiente para a reciclaxe e permite recuperar o espazo público para as persoas”.
Trasladar o mobiliario que entorpece o tránsito peonil
“As persoas teñen que ser as principais usuarias do espazo público e hai que repensalo para elas”, abundan as nacionalistas reflexionando sobre como os colectores de lixo están dispostas para facer máis doado o traballo da empresa de recollida. “Colectores en cruzamentos, invadindo beirarrúas e inutilizando lugares de tránsito non son admisíbeis nunha cidade para as persoas, ao igual que bancos obstaculizando pasos peonís- como os da Fonte do Campo, recentemente recolocados polo goberno do PSOE- ou postes invadindo os lugares de tránsito peonil” conclúen desde o BNG.