Grupo municipal

Amelia Sánchez, voceira do BNGAmelia Sánchez Pérez, voceira do BNG. Xanrozo, Betanzos, 1982.

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña. Funcionaria da Consellería de Educación, profesora de Lingua e Literatura no IES As Mariñas.

contacto:  

 Asignación a grupo municipal e indemnizacións

O 26 de xuño de 2019 o Pleno do Concello acordou a asignación a grupos políticos e indemnizacións por asistencias a órganos do Concello dos distintos integrantes da Corporación. O acordo está publicado no BOP do 8 de xullo.

Como resultado dese acordo, o grupo municipal do BNG percibe 800 euros ao mes para o traballo político como representantes veciñais. Esta é a información no web municipal.

Do cumprimento dese acordo, e dado que o grupo municipal do BNG está na oposición e só asiste ao Pleno- e ás comisións, sendo a de programación a única que dá dereito a ingresar 75 euros por cada sesión (unha antes de cada pleno)-, a edila do BNG ingresa 240,88 euros por cada Pleno ordinario (un ao mes) e 60,22 euros por cada Pleno extraordinario (aproximadamente un ou dous ao ano, variábel).

Conforme á Carta Financeira do BNG, estes cartos son doados integramente pola concelleira do BNG á organización para sostemento da súa actividade política.

Declaración de bens e intereses

Os bens e intereses do grupo municipal do BNG están publicados no web oficial do Concello de Betanzos. Nesta ligazón podes consultar a declaración de bens e intereses da voceira do BNG.

Actuación institucional

Os acordos de organización do Pleno do Concello de Betanzos conceden a cada grupo político a posibilidade de presentar até tres mocións e cinco preguntas en cada sesión ordinaria (celébranse adoito o último martes de cada mes). Un acordo posterior da xunta de portavoces deixou en 2 as mocións por grupo e Pleno, podendo presentarse tres excepcionalmente.

Neste enlace podes escoitar as gravacións das sesións plenarias ou ler as actas dos plenos.