BNG Betanzos

 

Consulta aquí o programa de goberno para as eleccións municipais 2023

O BNG é unha organización asemblearia. Quere dicir isto que as decisións a nivel local son tomadas pola Asemblea Local, que se reúne periodicamente e na que militantes e simpatizantes poden participar e opinar libremente.

Segundo os Estatutos do BNG, a Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial do BNG. As súas funcións son a discusión e crítica política en xeral, e todas aquelas cuestións que atinxiren a expresión da vontade política do BNG na localidade. Elixe, ademais, ao Consello Local, que é o máximo órgano de dirección do BNG na localidade e ostentará a representación pública do BNG, e á persoa responsábel local, que ostentará a representación da Asemblea Local no Consello Comarcal.

O Consello Local concreta e executa as liñas de actuación política na localidade e elabora as propostas de plans de traballo, orzamentos, etc. Os grupos de traballo apoian estas tarefas. Actualmente o Consello Local de Betanzos está integrado por Amelia Sánchez, María Bonome, Salvador González, Cristina López, Vanesa Rey e Henrique del Río. A elas súmase unha persoa por designación da Asemblea Local de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG.

A persoa do Responsábel Local preside e modera as xuntanzas da Asemblea Local e coordina o traballo da organización para cumprir cos acordos adoptados por esta. 

Transparencia

Nesta ligazón tes cumprida información sobre as finanzas do BNG: balance anual, evolución de débeda e outros indicadores.

Información sobre as indemnizacións percibidas polo grupo municipal.

ACORDO DE INVESTIDURA