O BNG esixe melloras no transporte colectivo en Betanzos e na súa contorna
Solicitan a modernización da liña ferroviaria e a construción do by-pass de Infesta, a apertura das estacións e unhas frecuencias e horarios adaptados ás necesidades das usuarias do tren.
Esixen a mellora das frecuencias e horarios das liñas de autobús e a oferta dos servizos necesarios para permitir a conexión entre Betanzos, A Coruña e Ferrol; así como a conexión cos polígonos industriais e cos campus universitarios.