Impulsamos unha moción conxunta en defensa do tren
"Fronte á resignación, Betanzos debe reinvindicar o tren como transporte de proximidade".
Betanzos, 15 de febreiro de 2016. O BNG-Asembleas Abertas solicitou hoxe por rexistro ao goberno local que intente conseguir o consenso máis amplo posíbel en defensa do tren. Pensamos que a unión de todos os grupos políticos con representación no Pleno é a mellor maneira de defender un servizo público como o transporte ferroviario, que sofre desde hai anos continuos recortes e que agora ven de recibir un ataque mortal", explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.4
Fronte á resignación, Betanzos debe reinvindicar o tren como transporte de proximidade
O BNG-Asembleas Abertas pediu ao goberno local, polo tanto, unha reunión que busca impulsar un acordo entre todos os grupos políticos, de cara a presentar unha moción conxunta no Pleno da vindeira semana. A nova redución de horarios fai desaparecer na práctica o tren como medio de transporte, cando tiña que ser un medio que vertebrase toda a nosa comarca coas da Coruña e Ferrol, explican as nacionalistas.
Ademais de acabar definitivamente co tren, esta medida obriga a meter aínda máis coches nas estradas, con máis tráfico e contaminación, advirten desde o BNG-Asembleas Abertas. Non ten sentido que se gaste no tren para ir a Madrid, que se usa moi puntualmente, e porén non se destina nada a un tren para movernos pola comarca, que onde se realizan os desprazamentos cotiáns, engade Del Río. É a consecuencia de medir o servizo público de transporte en termos estritamente económicos, lamenta.
Defendemos o tren como o medio de transporte rápido, eficiente e ecolóxico
Neste sentido, o BNG-Asembleas Abertas defende o tren como o medio de transporte rápido, eficiente e ecolóxico. "Fronte á resignación, Betanzos debe reinvindicar o tren como transporte de proximidade" conclúe Del Río.