BNG presentou a súa candidatura para gobernar Betanzos

Amelia Sánchez: “Temos un proxecto político serio e solvente para darlle futuro a Betanzos que, estamos convencidos, contará co apoio da veciñanza o vindeiro 28 de maio e comezar a construír, entre todas e todos, un Betanzos mellor e con máis oportunidades"

BNG presentou a súa candidatura para gobernar Betanzos

Betanzos, 24 de abril de 2023.- O BNG fixo pública a candidatura coa que se presentará ás eleccións municipais o vindeiro mes de maio. “Estamos orgullosas de presentar unha candidatura con moitas das persoas máis activas socialmente no noso concello”, indicou a candidata nacionalista Amelia Sánchez. “Presentámonos para dar unha alternativa ao PSOE, que ten Betanzos instalada no desleixo e abandono”, engadiu.

"Esta candidatura compaxina a experiencia con mocidade, e é tamén representativa do tecido asociativo e da parte máis activa e implicada do noso concello. Presentámonos co obxectivo de cambialo todo en Betanzos desde a esquerda e o amor polo País”, explicou Sánchez. “Convidamos a todas as veciñas e veciños que compartan estes ideais a unirse a nós para conseguir o cambio que Betanzos precisa o vindeiro mes de maio”, afirmou.

No BNG queremos facer de Betanzos un lugar mellor no que vivir e para isto contamos cunha grande equipa para poñer en marcha o proxecto dun Betanzos con futuro. “Presentámonos para gobernar coa veciñanza, para buscar solucións entre todos aos problemas que temos en Betanzos, defendemos a democracia directa, a participación de todas e todos para cambiar as cousas”, asegurou Sánchez. 

Desde o BNG informaron que están a traballar no programa electoral, aberto á participación das veciñas e veciños e que elaboraron despois de reunirse con asociación e colectivos e encontros abertos a todas a veciñanza, e que farán público nos vindeiros días. "Temos un proxecto político serio e solvente para darlle futuro a Betanzos que, estamos convencidos, contará co apoio da veciñanza o vindeiro 28 de maio e comezar a construír, entre todas e todos, un Betanzos mellor e con máis oportunidades " concluíu a candidata do BNG á alcaldía, Amelia Sánchez. 

Candidatura do BNG para as eleccións municipais

1.     Amelia Sánchez Pérez

2.     María Vanessa Rey Carro

3.     Salvador González Fernández

4.     María Bonome Orgeira

5.     Xesús Paz López

6.     M. Pilar Vázquez Rodríguez

7.     Ramón Manuel Bouzas Tobio

8.     María Teresa Rivera García

9.     Carlos Maceiras Lagoa “Litos”

10.  Antón Tenreiro Ferreiro

11.   Encarna Vidal Santos

12.   Xavier Campos López

13.   Silvia Aguiar Barral

14.   Andrés Otero Botana

15.   Andres Otero Martínez

16.   Elisabet Ramos García 

17.   Henrique del Río Otero

SUPLENTES

1.     Concepción Valladares Vázquez “Tita”

2.     Francisco Porto Domínguez

3.     Emma María Marques Solla

4.     Fernando Andrade Fandiño

5.     Antonio Fafian Casal

BNG presentou a súa candidatura para gobernar Betanzos