O BNG insta a celebrar o centenario da instalación do Palco da Música

undefined

Amelia Sánchez: “Pedimos que se celebre o centenario da súa instalación cun ciclo de concertos, teatro ao aire libre, conferencias ou actos para dar a coñecer as figuras de González Villar e Martínez Santiso”

O BNG insta a celebrar o centenario da instalación do Palco da Música

Betanzos, 8 de xullo de 2026. O BNG de Betanzos presentou unha iniciativa plenaria para instar ao goberno local a celebrar o centenario do Palco da Música do Cantón, cuxa instalación comezou en 1927 e se prolongou dous anos.

Desde o BNG indicaron que o constitúe unha das imaxes máis icónicas da cidade de Betanzos e é, ademais, obra de dous recoñecidos persoeiros: González Villar e Martínez Santiso.

En palabras da concelleira Amelia Sánchez, “Betanzos tivo diferentes palcos da música ao longo do tempo, algúns con grande importancia na historia sociolingüística de Galiza, como o do primeiro mitin político en galego, o de Lugrís Freire; mais o que hoxe conservamos foi declarado BIC e é un dos símbolos da cidade. Por iso pedimos que se celebre o centenario da súa instalación cun ciclo de concertos, teatro ao aire libre, conferencias ou actos para dar a coñecer as figuras de González Villar e Martínez Santiso”.

As nacionalistas lembraron que o zócalo do palco fora proxectado por Francisco Martínez Santiso en 1913 e a súa construción constou de dúas fases: 1913 como ano de creación do zócalo e 1927 para a colocación do balcón, que rematou en 1928.

O BNG insta a celebrar o centenario da instalación do Palco da Música