Novas

O BNG pide melloras na zona de Infesta e O Farragoto

O BNG solicitou a mellora do camiño do rueiro do Petón, no núcleo rural de Infesta, logo de que a veciñanza manifestase o fondo malestar polo seu estado

O BNG lembra que hai unhas semanas tamén pediu que se solucionase o problema dos verquidos sen control nesa mesma zona

Ler novas
Presentación da campaña Queremos Tren

O BNG solicita melloras na estación de tren de Betanzos-Cidade

As baldosas do chan están deterioradas, a vexetación medra por todas as partes, hai numerosas pintadas nos muros e o lixo é visíbel por toda a infraestrutura. Certamente, semella un lugar abandonado e sen uso.  O Concello e a ADIF deben desenvolver estes labores de mantemento canto antes.

Ler novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG de Betanzos

O BNG propuxo na reunión da comisión do Ano Antolín Faraldo abrir a participación a asociacións e entidades de Betanzos e a súa comarca

Neste sentido, Amelia Sánchez indica que "o Concello debe colocar unha placa na casa natal de Antolín Faraldo sinalando o seu berce e a trascendencia da súa figura

O BNG xa avanzou, así mesmo, que organizará unha serie de actos propios co gallo do Ano Antolín Faraldo que se sumarán á homenaxe que as nacionalistas tributan cada ano ao pé do seu monumento en torno á data de nacemento do líder provincialista, cuxo 200 aniversario se celebra este 2022

Ler novas
Presentación da campaña do BNG en defensa do tren en Betanzos

O BNG pide que o Pleno reclame melloras no servizo ferroviario en Betanzos e na súa comarca

“É necesaria a modernización do trazado ferroviario entre Ferrol e A Coruña, contemplando a electrificación e dupla vía e a construción do bypass de Infesta para favorecer o emprego do ferrocarril en toda a zona urbana A Coruña-Ferrol, acurtando tempos de viaxe entre as dúas cidades e articulando a comunicación entre os diferentes concellos da nosa comarca”

O BNG pedirá tamén que o Pleno exprese o seu apoio as convocatorias do feminismo galego o 8 de marzo

Ler novas