O BNG leva a pleno a demanda de seguridade viaria en Guiliade

“A pesar das múltiples promesas da Xunta de Galiza e da Deputación da Coruña, os vehículos atravesan Guiliade a grande velocidade, tanto cando circulan pola AC-542 como pola DP-0810”
Aa nacionalistas demandan a recolocación da cartelaría direccional e a retirada doutra cartelaría informativa instaladas sobre as beiravías “que impiden a boa circulación das viandantes”
Betanzos, 10 de abril de 2025. O BNG levou ao pleno o malestar da veciñanza de Guiliade polos problemas de seguridade viaria que se viven neste núcleo. O concelleiro nacionalista Salvador González indicou que “a pesar das múltiples promesas da Xunta de Galiza e da Deputación da Coruña, os vehículos atravesan Guiliade a grande velocidade, tanto cando circulan pola AC-542 como pola DP-0810”.
“Os veciños e veciñas solicitan que se instalen bandas redutoras ou calquera outra medida que poida contribuír a solucionar este problema” indicou o concelleiro do BNG. Salvador González demandou ao goberno local do PSOE que se dirixa a Xunta e Deputación, titulares respectivamente das estradas AC-542 e DP-0810, para que acometan medidas que garantan a reducción da velocidade do tránsito rodado ao paso polo núcleo.
Do mesmo xeito, o concelleiro do BNG Salvador González solicitou ao goberno do PSOE que pida a recolocación da cartelaría direccional e a retirada doutra cartelaría informativa instaladas sobre as beiravías “que impiden a boa circulación das viandantes”