O BNG leva a Pleno a situación da fábrica da luz “en importante risco de colapso”
Desde o BNG piden que o concello inste a Naturgy, propietaria do edificio da Fábrica da Luz e responsábel das obras que se están a realizar na actualidade, a que finalice os traballos con toda a cautela que for posíbel e a que garanta a estabilidade da construción.
Betanzos, 25 de marzo de 2022.- O BNG leva a Pleno a situación da fábrica da luz “en importante risco de colapso”. “A pesar de que a fábrica da luz é BIC desde decembro de 2018, a empresa propietaria Naturgy continúa sen levar a cabo as medidas necesarias para a recuperación e está a levar a cabo unhas obras que poñen en serio perigo a estabilidade do inmóbel, ante a pasividade das autoridades locais”, explicou a portavoz do BNG, Amelia Sánchez.
Por iso desde o BNG peiden que o concello inste a Naturgy, propietaria do edificio da Fábrica da Luz e responsábel das obras que se están a realizar na actualidade, a que finalice os traballos con toda a cautela que for posíbel e a que garanta a estabilidade da construción.
“O Concello de Betanzos a tomar de inmediato as medidas necesarias para dar cumprimento aos múltiples acordos plenarios en relación coa conservación e posta en valor da Fábrica da Luz, actualmente en grave risco de desaparición”, engadiu a portavoz nacionalista. Ademais, desde o BNG piden tamén que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza a tome medidas de inmediato para apoiar ao concello e garantir a conservación da Fábrica da Luz e a súa posta en valor.
“Ao longo das décadas, no BNG de Betanzos viñemos presentando diferentes iniciativas plenarias que tiñan como obxectivo recoñecer a singularidade do edificio, conservar a totalidade de elementos que o conforman e promover a súa rehabilitación para a súa posta en servizo á veciñanza”, lembrou a portavoz nacionalista.
As nacionalistas lembran que teñen presentado varias iniciativas demandando que o goberno local negocie cos propietarios a cesión do edificio para garantir a súa conservación. O pleno debateu tamén, por iniciativa do BNG, expropiar o inmoble para destinalo a equipamento sociocultural. “Así poñeríase en valor o edificio e o seu cometido inicial á vez que se pon fin ás carencias de equipamentos na Madalena” conclúe Amelia Sánchez.
Moción sobre a escalada de prezos
O BNG presentou tamén unha moción para propoñer actuacións que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na economía dos galegos e galegas. “A vida está cada día máis cara. Notámolo na compra, nas facturas da luz, na auga e no gas, cando pagamos o aluguer da vivenda, cando imos á gasolineira ou pagamos as peaxes da autoestrada. Todo sobe e o salario medio ou a pensión media en Galiza fan imposíbel enfrontar esta situación. A suba de prezos deteriora gravemente as condicións de vida. No entanto, asistimos a beneficios históricos das eléctricas, en conivencia cos poderes e a política centralista”, explicou a portavoz do BNG, “por iso levamos a pleno unha moción con propostas para que o goberno galego e do Estado para paliar esta situación”.
O BNG aproveitou para chamar á veciñanza a participar na manifestación que ten convocada en Compostela o vindeiro 3 de abril para reclamar medidas para paliar esta situación.