aparcamento
Novas

Demandamos que se retiren as máquinas da ORA das rúas

“Hai máis de dous anos que se deu por fin por finiquitado o contrato da ORA e aínda así as maquinas expendedoras dos tickets seguen instaladas nas beirarrúas e practicamente a diario visitantes intentar mercar tickets da ORA ante a falta de información”

Ler novas
Novas
PHOTO-2019-02-11-13-09-33

Poñeremos en marcha un sistema de rotación gratuíto para o estacionamento no centro

As nacionalistas demandaron no pleno que se retiren os expendedores dos tickets da ORA xa que, a pesar de suprimirse, seguen instaladas nas beirarrúas e practicamente a diario alguén tenta sacar un recibo.

Demandan que se poña un servizo público de guindastre, xa que o Concello ten persoal e material para facelo e que se distribúan as tarxetas de residentes deste 2019.

Ler novas
Novas

Redeseñaremos a feira para levala a máis prazas da cidade

"Queremos poñer en valor os elementos patrimoniais, históricos e culturais, da feira, dun mercado que se remonta á Idade Media e que chega á era de internet"

Cunha zona de estacionamento específico para os feirantes poderán instalar os postos, facer a feira e recoller tendo garantido un lugar para aparcar as furgonetas, liberando o espazo que ocupan nas rúas do centro

Ler novas
Novas

Alegrámonos de que o goberno local finalmente fixese públicas as enquisas sobre o plan de aparcamento case dous anos despois de realizalas

“Estes resultados reflicten dúas cousas a falta de credibilidade nos procesos de participación que por en marcha o goberno, por iso temos só 55 persoas que fixeron a enquisa nun concello de máis de 13 mil habitantes. Por outra banda de forma case xeneralizada un rexeitamento ao Plan de aparcamento e mobilidade proposto polo goberno local e unha petición de avanzar na peonalización como mellor alternativa para o Casco”

Ler novas
Opinión

O guindastre: servizos para a veciñanza ou beneficios para as empresas?

O goberno local non quere que sexa o propio Concello quen preste o servizo de guindastre. Deixouno claro este pasado mes de agosto no Pleno o PSOE, ao votar en contra de poñer en funcionamento un servizo público de retirada de vehículos porque o problema, segundo afirmaron, é que sexa público xa que non valoran outra opción que non sexa a nova privatización do servizo. 

Ler novas
Novas
Henrique del Río é o voceiro do BNG

Pediremos no Pleno implantar un servizo publico de retirada de vehículos da vía pública

“Polo que sabemos o goberno local ven encomendando en determinados casos a retirada de vehículos a unha empresa, mais en moitos casos cando a veciñanza chama aos servizos municipais pedindo que se retiren coches sobre beirarrúas, diante de portas ou sobre vados que impiden o normal tránsito, díselles que non hai guindastre para retiralos”

Desde o BNG explicaron que o Concello ten, conforme ao contrato extinguido, un vehículo guindastre da súa propiedade e ten persoal para facer o traballo ou ten posibilidade de contratar persoal para facelo

Ler novas
Novas

Celebramos que se suprima á fin a ORA, tras anos demandándoo

“A supresión da ORA é unha boa noticia para todas, para a veciñanza e para o comercio de Betanzos. Desde logo, no BNG estamos moi orgullosas do traballo feito e da presión veciñal que conseguiu eliminar unha taxa da que só sacaba beneficio a empresa concesionaria”

Ler novas