O BNG demanda ao goberno local que complete o asfaltado da rúa Úrsula Meléndez de Texeda

A vía, entre o Rollo e a avenida Jesús García Naveira nas Cascas, está a medio asfaltar e coas beirarrúas rebentadas a causa do estacionamento sobre as mesmas

Salvador González: “Existe un problema de aparcadoiro evidente en toda esa área ante a carencia de prazas delimitadas”

O BNG demanda ao goberno local que complete o asfaltado da rúa Úrsula Meléndez de Texeda

Betanzos, 11 de decembro de 2024.- O BNG trasladou ao pleno o malestar da veciñanza da rúa Úrsula Meléndez de Texeda, que comunica a rúa do Rollo coa avenida Jesús García Naveira, polo deterioro que presenta a vía. Segundo relatou o concelleiro Salvador González, “hai un tempo, procedeuse ao asfaltado dunha parte da rúa, mentres que no resto se botou zahorra”. 

Ademais, “existe un problema de aparcadoiro evidente en toda esa área, en que os vehículos aparcan sobre a beirarrúa provocando o seu deterioro e prexuízos para os peóns”. A causa disto e da configuración da vía, no entorno das dúas pontes sobre o río Mendo no barrio das Cascas, “reina ao caos ante a carencia de prazas delimitadas”.

Por este motivo as nacionalistas demandaron ao goberno local do PSOE que poña fin “á eterna provisionalidade” das súas intervencións na rúa e complete o asfaltado da rúa e sinalice as prazas de estacionamento. Do mesmo xeito, urxiron ao executivo socialista a reparar a beirarrúa para evitar prexuízos para a veciñanza da rúa.

O BNG demanda ao goberno local que complete o asfaltado da rúa Úrsula Meléndez de Texeda