PIDEN EXPLICACIÓNS PORQUE “O ANEXO DE PERSOAL PRESENTADO CANDA O ORZAMENTO DE 2020 RECOLLE DÚAS PRAZAS DE CONDUCTOR DO GUINDASTRE MUNICIPAL, COMO PERSOAL LABORAL”
Demandamos que se retiren as máquinas da ORA das rúas
“Hai máis de dous anos que se deu por fin por finiquitado o contrato da ORA e aínda así as maquinas expendedoras dos tickets seguen instaladas nas beirarrúas e practicamente a diario visitantes intentar mercar tickets da ORA ante a falta de información”
“Hai máis de dous anos que se deu por fin por finiquitado o contrato da ORA e aínda así as maquinas expendedoras dos tickets seguen instaladas nas beirarrúas e practicamente a diario visitantes intentar mercar tickets da ORA ante a falta de información”
Piden explicacións porque “o anexo de persoal presentado canda o orzamento de 2020 recolle dúas prazas de conductor do guindastre municipal, como persoal laboral”
Betanzos, 15 de xaneiro de 2020. O BNG demandou ao goberno local a retirada dos expendedores da ORA. “Hai máis de dous anos que se deu por fin por finiquitado o contrato da ORA e aínda así as maquinas expendedoras dos tickets seguen instaladas nas beirarrúas e practicamente a diario visitantes intentar mercar tickets da ORA ante a falta de información”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “Non sabemos porque motivo seguen na rúa chegados a este punto", indicou. “É que pensan reimpoñer a ORA?”, ironizou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, no pleno.
Neste sentido, desde o BNG recordan que ao comercio betanceiro convenlle un sistema de rotación gratuíta de estacionamento nas rúas do centro da cidade. “Implantouse exitosamente en moitos concellos, como Carballo, onde o propio comercio demanda que se amplíen as rúas en que rixe este sistema”, explica Del Río.
Dúas prazas de condutor de guindastre no orzamento
As nacionalistas advertiron que “o anexo de persoal presentado canda o orzamento de 2020 recolle dúas prazas de conductor do guindastre municipal, como persoal laboral”. “Dunha sentenza de readmisión dun operario da antiga concesionaria deuse conta, mais non temos localizado a outra” abundou o voceiro do BNG.
O edil nacionalista demandou ao goberno do PSOE que aclare “por que motivo prevén dúas prazas de condutor do guindastre” no orzamento para 2020. “Acaso recaeu outra sentenza de readmisión e non deron conta dela ao Pleno?”, ironizou Del Río.
Queixas pola falta de tarxetas de residentes
O grupo nacionalista fíxose tamén eco das queixas veciñais por non existir aínda as tarxetas identificativas para os vehículos de residentes. Recordan que as anteriores, que duraron tres anos, caducaron ao rematar 2018. “Non nos parece de recibo que acabando o mes de marzo aínda non estean dispoñíbeis as tarxetas de residentes e, polo tanto, os novos residentes deste ano non poidan ter tarxeta”, engadiu Del Río. "É obvio que o goberno local está antepoñendo outras cousas aos servizos cotiáns que hai que darlle á veciñanza", conclúe.