DEMANDAN QUE SE POÑA UN SERVIZO PÚBLICO DE GUINDASTRE, XA QUE O CONCELLO TEN PERSOAL E MATERIAL PARA FACELO E QUE SE DISTRIBÚAN AS TARXETAS DE RESIDENTES DESTE 2019.

Poñeremos en marcha un sistema de rotación gratuíto para o estacionamento no centro

PHOTO-2019-02-11-13-09-33

As nacionalistas demandaron no pleno que se retiren os expendedores dos tickets da ORA xa que, a pesar de suprimirse, seguen instaladas nas beirarrúas e practicamente a diario alguén tenta sacar un recibo.

Demandan que se poña un servizo público de guindastre, xa que o Concello ten persoal e material para facelo e que se distribúan as tarxetas de residentes deste 2019.

Betanzos, 28 de marzo de 2019. O BNG reclamou no Pleno que se desinstalen das rúas as máquinas expendedoras da ORA. “Hai 2 anos que se deu por fin por finiquitado o contrato da ORA e aínda así as maquinas expendedoras dos tickets seguen instaladas nas beirarrúas e practicamente a diario visitantes intentar mercar tickets da ORA ante a falta de información”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “Non sabemos porque motivo seguen na rúa chegados a este punto", indicou.

"Se cadra é porque o PSOE pensa impoñernos o contrato da ORA de novo despois das eleccións municipais de maio en contra do sentir maioritario da veciñanza”, ironizou. O nacionalista recordou que avogan por establecer un sistema gratuíto que garanta a rotación no estacionamento no centro de Betanzos.

Xestión do guindastre

O BNG preguntou tamén porque non se actuou despois de que o Pleno apoiara a súa iniciativa para pór en funcionamento un servizo público de guindastre. “Sabemos que hai unha primeira sentenza que obrigaba a admitir a un dos traballadores que viñan prestando o servizo na empresa e que o guindastre é agora propiedade municipal, polo tanto non sabemos cal é o problema para poñelo en funcionamento”, explicou Del Río.

"Semella que o PSOE quere deixar a situación abandonada para xustificar outro contrato con outra empresa privada, como mantivo durante anos, ao noso entender de maneira irregular", recordan.  Por este motivo, desde o BNG avogan por establecer un servizo público de guindastre.

Para as nacionalistas, "é un servizo que fai falta para facilitar a vida á veciñanza". "Practicamente a todos os plenos vai algunha queixa sobre a tolerancia do goberno do PSOE co estacionamento en dobre fileira, beirarrúas, cruzamentos, pasos de peóns....", recorda Del Río.

Queixas pola falta de tarxetas de residentes

O grupo nacionalista fíxose tamén eco das queixas veciñais por non existir aínda as tarxetas identificativas para os vehículos de residentes. Recordan que as anteriores, que duraron tres anos, caducaron ao rematar 2018. “Non nos parece de recibo que acabando o mes de marzo aínda non estean dispoñíbeis as tarxetas de residentes e, polo tanto, os novos residentes deste ano non poidan ter tarxeta”, engadiu Del Río. "É obvio que o goberno local está antepoñendo outras cousas aos servizos cotiáns que hai que darlle á veciñanza", conclúe.

Poñeremos en marcha un sistema de rotación gratuíto para o estacionamento no centro