Novas
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG

O BNG abstense no debate sobre o polígono de Piadela “para permitir resolver un conflito mesmo xudicial que dura xa anos”

“Desde o BNG non compartimos este modelo, que se está repetindo non só en Betanzos, senón en moitas vilas e cidades do País, de converter as zonas industriais en zonas comerciais e de lecer, desprazando a actividade comercial do centro das vilas aos polígonos industriais”

A portavoz nacionalista aproveitou para poñer enriba da mesa os problemas de comunicación da segunda fase do polígono de Piadela e, en vista da imposibilidade de executar a vía que comunicaría os dous polígonos como estaba proxectada, pediu ao goberno que valore outras alternativas para darlles solución. 

Ler novas
Hotel San Roque

O BNG apoiará no Pleno a proposta para cobrar todos os impagos da empresa que xestiona o Hotel San Roque e iniciar o proceso de rescisión do contrato

“Cremos que chega moi tarde a reclamación dos pagos que non efectuaron as empresas que xestionan o hotel do antigo Asilo Manuel Naveira, e cremos que chega tarde a proposta de rescindir o contrato de aluguer deste inmóbel de titularidade municipal”

“En Betanzos temos unha falta de servizos evidente, sobre todo de tipo asistencial, e desde o BNG levamos anos apostando por estudar a opción dunha residencia de maiores neste edificio, que complemente o centro de día que propomos no antigo ambulatorio”

Ler novas
Imaxe do edificio do antigo ambulatorio

O BNG insistirá no Pleno na cesión do edificio do antigo ambulatorio e a construción dun centro de día público en Betanzos

Desde o BNG pedirán que o Pleno inste ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a negociar a cesión do edificio do antigo ambulatorio de Betanzos á Xunta de Galiza para a apertura dun centro de día público. 

Na actualidade, case 20 anos despois da apertura do novo ambulatorio, Betanzos segue sen ter unha soa praza de centro de día público mentres un edificio público na zona urbana de Betanzos leva décadas pechado sen uso e polo tanto cada vez nun peor estado de conservación

Ler novas