Propoñemos dar protagonismo na programación das festas a elementos centenarios coma mómaros, coca, alboradas ou danzas gremiais

momaros
Os mómaros desde o palco. Foto de Encarna Vidal

Desde o BNG resaltan que Betanzos é o municipio que máis danzas gremiais conserva e que “deberan ser un elemento central, polo seu carácter centenario e singular, da programación das festas”

As nacionalistas pedirán que se investigue, por medio da Escola Municipal de Folclore e o Arquivo, se se conserva a partitura da danza orixinal dos mómaros betanceiros de cara á súa eventual recuperación e posta en valor.

Propoñemos dar protagonismo na programación das festas a elementos centenarios coma mómaros, coca, alboradas ou danzas gremiais

Desde o BNG resaltan que Betanzos é o municipio que máis danzas gremiais conserva e que “deberan ser un elemento central, polo seu carácter centenario e singular, da programación das festas”

As nacionalistas pedirán que se investigue, por medio da Escola Municipal de Folclore e o Arquivo, se se conserva a partitura da danza orixinal dos mómaros betanceiros de cara á súa eventual recuperación e posta en valor.

Betanzos, 29 de agosto de 2017. O BNG propoñerá no Pleno que o goberno local dea o protagonismo que merecen na programación das festas elementos centenarios coma mómaros, coca, alboradas ou danzas gremiais. “Son elementos únicos, que poderían facer das de Betanzos unhas festas moito máis auténticas e singulares, por sumar séculos de tradición e cousas que, fóra da nosa cidade, non se conservan en case ningún outro lugar” destaca o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

O BNG destaca que “algúns desapareceron recentemente tras un prolongado devalo, coma as alboradas, e outros formalmente se manteñen malia ser despoxados de todo o seu significado, coma mómaros e cabezudos ou a coca, convertidos en acompañantes da comparsa da raíña das festas”. “O programa oficial de festexos prima outros elementos alleos, artificiais e impostos no franquismo na arela de uniformizar os pobos e nacións do estado español, coma pregóns e raíñas das festas, e deixa de lado alfaias centenarias que aínda perduran” como estes elementos, engaden.

Desde o BNG resaltan que Betanzos é o municipio que máis danzas gremiais conserva e que “deberan ser un elemento central, polo seu carácter centenario e singular, da programación das festas”. “Porén, este elemento singular transformouse en apenas un acompañante máis das comparsas das raíñas das festas” lamentan. “Canda eles, aínda poderiamos sumar deportes e xogos tradicionais, coma as desaparecidas cucañas no Mandeo ou a desaparecida romaría de San Paio”, acrecentan.

“Unha política cultural e de posta en valor do patrimonio axeitada apostaría por recuperar todos estes elementos, darlles o protagonismo e realce que merecen e divulgar a súa existencia, investigando debidamente orixes e traxectoria para garantir unha interpretación acaída dos séculos de tradición que suman” explica Del Rïo “E desde logo, nada disto, na nosa opinión, se pode facer se non se devolven á súa esencia e se fai partícipes da súa conservación e posta en valor á veciñanza, con mostras, cursos, obradoiros e todo tipo de soportes para sentilos como propios, porque non se pode aprezar o que non se sinte como propio” engade.

Por este motivo, o BNG propoñerá  que se fomenten estas manifestacións culturais mediante obradoiros, mostras e actividades ao longo do ano a fin de poñelas en valor e darlles o protagonismo que merecen na programación das festas. Neste sentido, as nacionalistas pedirán que se investigue, por medio da Escola Municipal de Folclore e o Arquivo, se se conserva a partitura da danza orixinal dos mómaros betanceiros de cara á súa eventual recuperación e posta en valor.

“A Panorama ou Coti é algo que calquera concello pode ter nas súas festas, só se trata de tirar de talonario”, explica Del Río. “Porén, sacar á rúa unha comparsa de mómaros cunha música composta a pé feito para ela, recuperar o simbolismo da coca ou dar un espazo central a catro danzas gremiais da Idade Media é algo único, algo que non ten quen máis pague senón quen mime o seu patrimonio inmaterial e o poña en valor debidamente”, conclúe.

Propoñemos dar protagonismo na programación das festas a elementos centenarios coma mómaros, coca, alboradas ou danzas gremiais