O BNG-AA non acudirá á coroación da raíña nin ás misas das festas
O Peno do Concello aprobou unha moción na se acordaba retirar o patrocinio municipal a actos sexistas como a raíña das festas.
Nas festas falta imaxinación e tirar da imaxinación tamén permite recurtar gastos
Betanzos, 12 de agosto de 2015. O BNG-Asembleas Abertas avanzou hoxe que non participará nos actos relacionados coa coroación das raíñas das festas. Asistiremos ao pregón e recepción ao pregoeiro, en tanto que apertura oficial dos festexos explican as nacionalistas.
No noso programa electoral comprometímonos a substituír a raíña das festas por un acto festivo para toda a veciñanza que non manteña roles e estereotipos sexistas e para nós a palabra dada éo todo, indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río. Desde o BNG-Asembleas Abertas recordan que o Peno do Concello aprobou unha moción na que, entre outras cousas, se acordaba retirar o patrocinio municipal a actos sexistas. Con este acordo e un plan de igualdade municipal que fala ás claras de eliminar roles e estereotipos sexistas o goberno do PSOE mantén actos coma este, lamentan desde o BNG-Asembleas Abertas.
Neste sentido, desde o BNG-Asembleas Abertas tamén indicaron que dado que o programa electoral contén o compromiso de impulsar unha separación completa entre a Igrexa e o Concello, tampouco acudirán a actos relixiosos. Calquera autoridade dun Estado que se di aconfesional debera facer isto mesmo, indican.
Nas festas falta imaxinación e tirar da imaxinación tamén permite recurtar gastos
O BNG-Asembleas Abertas insistiu na comisión de festas celebrada esta semana en refacer desde cero o programa das festas patronais. Neste sentido, no propio programa electoral das nacionalistas figuraban propostas como sacar a poxa a lancha municipal para xenerar recursos adicionais que axuden a financiar os festexos.
Ademais, as nacionalistas demandan innovar na programación das festas. Non poden ser as festas da praza do Campo, indica Del Río, que avoga por organizar concertos polos barrios da cidade contando cos grupos noveis, aposta pola cultura de base en todos os barrios e levar eventos a todo o Concello.
As festas en primeiro lugar, e ante todo, teñen que ser para que a veciñanza o pase ben engaden desde o BNG-Asembleas Abertas. Hai que abrir cauces verdadeiros de participación veciñal no deseño dos festexos, involucrando ao movemento asociativo, porque o protagonismo ten que ser para a xente, non para o alcalde indica Del Río.
Ademais, desde o BNG-Asembleas Abertas insisten na necesidade de dar maior protagonismo a eventos culturais que dean relevo tanto á cultura de base como á cultura galega na programación dos festexos. Para PSOE e PP a presenza da cultura galega nas festas redúcese ás gaitas, lamentan.
As nacionalistas insisten na necesidade de reducir os gastos do Concello nas festas. Para organizar as festas o goberno do PSOE estivo tirando de talonario para cubrir a falta de ideas, así que tirar da imaxinación tamén permite aforrar, lamentan as nacionalistas. Non se pode apagar as luces da metade das rúas do centro durante todo o ano e logo tirar cos cartos alugando luces de festa para toda a cidade, indican. É un dispendio de cartos que tiñan que ir a pagar servizos como a limpeza e ecoloxicamente non se sostén, advirte.
Coa grave crise que padecemos a xente non entende que se gaste máis en festas que en crear emprego, indicaba o voceiro do BNG-Asembleas Abertas, Henrique del Río. E menos se se funden 160 000 euros para facer un programa como o deste ano, concluíu.