O BNG-AA propón unha declaración institucional demandando respecto e igualdade nos Caneiros
A cantas persoas participen da romaría dos Caneiros a respectar a tradición da festa, o medio natural en que a celebramos e a todas as persoas que participamos nela.
O BNG-AA propón reducir os días das festas e levar actos a todos os barrios
Betanzos, 10 de agosto de 2015. O BNG-Asembleas Abertas presentou esta mañá na comisión de festas unha proposta alternativa ao do goberno local para a declaración institucional que foi aprobada por todos os grupos. O fundamental para nós é o respecto e a igualdade, indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
Neste sentido, a proposta de texto aprobada por PSOE, PP, BNG-AA e CxG entende que os Caneiros son unha festa para gozar no río e no propio campo. Para isto, a Corporación entende que é fundamental o respecto: respecto á propia esencia da romaría fluvial, respecto ao medio natural no que se desenvolve e respecto a todas as persoas que participan na festa tanto no río coma no campo ou no camiño.
Nos Caneiros, como noutras festas, hai persoas que confunden o goce propio con actitudes pouco ou nada respectuosas cara outras. Agochan estes comportamentos baixo múltiples excusas, que teñen que ver con inercias vencelladas ao contexto festivo ou ao consumo de alcol ou outro tipo de drogas prosegue a declaración institucional aprobada esta mañá. As máis habituais nos Caneiros adoitan ser enlamar ou mollar a outras persoas en auga ou viño, racharlles a roupa, comentarios ofensivos e/ou degradantes, insultos, mofas e outras agresións verbais, falsos piropos, formas non solicitadas de contacto físico que incomoden, coaccionen ou violenten, etc sinala expresamente a declaración promovida polos nacionalistas e aceptada pola Corporación.
O BNG-AA propón reducir os días das festas e levar actos a todos os barrios
Estamos, polo tanto, todos e todas, chamadas a actuar con responsabilidade para evitar que estes comportamentos enturben a máis orixinal de todas as nosas festas declaran os grupos municipais e apelan a cantas persoas participen da romaría dos Caneiros a respectar a tradición da festa, o medio natural en que a celebramos e a todas as persoas que participamos nela.
Neste sentido, o comunicado enfatiza que Os Caneiros son unha romaría fluvial que ten sobardado amplamente o seu simple carácter de festa tradicional para saltar á obra de poetas e novelistas senlleiras da nosa literatura nacional e rematan afirmando que celebrar as nosas festas en igualdade é unha obriga.
O BNG-AA propón reducir os días das festas e levar actos a todos os barrios
Na xuntanza da comisión de festas celebrada esta mañá o voceiro nacionalista, Henrique del Río, insistiu en que é unha indecencia gastar 160 000 euros en 11 días de festas coa que está caendo. O BNG-Asembleas Abertas insistiu nos seus compromisos electorais de recortar a duración dos festexos e levar os actos das festas a todos os barrios da cidade.
Sacando o globo e Os Caneiros, o programa das festas podería pasar polos festexos de calquera concello castelán, ironizou o voceiro nacionalista. Non hai presenza de grupos e propostas culturais galegas, lamentou.