Aledámonos de ter conseguido parar definitivamente o paseo da Cañota
As nacionalistas consideraron unha victoria da mobilización social ter obrigado ao goberno local a desistir de construír un paseo cheo de elementos moi agresivos co Mandeo, como recheos, desmontes, escolleras ou pasarelas pilotadas na xunqueira.
“Tendémoslle a man ao goberno local para chegar a acordos para recuperar ambientalmente o Mandeo e poñelo en valor”
As nacionalistas consideraron unha victoria da mobilización social ter obrigado ao goberno local a desistir de construír un paseo cheo de elementos moi agresivos co Mandeo, como recheos, desmontes, escolleras ou pasarelas pilotadas na xunqueira.
“Tendémoslle a man ao goberno local para chegar a acordos para recuperar ambientalmente o Mandeo e poñelo en valor”
Betanzos, 21 de agosto de 2017. O BNG alegrouse de ter conseguido parar definitivamente o proxecto de paseo entre As Monxas e Os Caneiros do goberno local. O desistimento definitivo á licitación foi publicado no BOP de hoxe e acordado o pasado 14 de agosto. O goberno local xa suspendera provisionalmente a contratación o pasado mes de xaneiro tras un recurso das nacionalistas.
As nacionalistas consideraron unha victoria da mobilización social ter obrigado ao goberno local a desistir de construír un paseo cheo de elementos moi agresivos co Mandeo, como recheos, desmontes, escolleras ou pasarelas pilotadas na xunqueira. “Tendémoslle a man ao goberno local para chegar a acordos para recuperar ambientalmente o Mandeo e poñelo en valor, xa que hai moito que facer, como acabar cos vertidos ou rematar a rede de saneamento, que son cousas moito máis urxentes que o paseo polo carrizal de San Xiao”, engadiu
“Mais para chegar a acordos o primeiro ten que ser informar lealmente á veciñanza e aos seus representantes”, explica. “Sabemos desde inicios de xullo que o goberno local segue coa idea de facer un paseo por este lugar, con outro proxecto”, explica. “Mais o goberno local non informou en ningún momento, nin en comisións, plenos, correos ou chamadas telefónicas, á Corporación sobre nada deste novo trazado que o PSOE está deseñando”, engade.
Tendémoslle a man ao goberno local para chegar a acordos para recuperar ambientalmente o Mandeo e poñelo en valor
En xullo dúas entidades, O Rabo do Galo e a SHGN das Mariñas, informaron sobre o cambio de proxecto do paseo do Mandeo e a supresión das partes máis agresivas co medio que incluía o proxecto que aprobaron PSOE e PP o 26 de agosto de 2014. “É unha boa nova eliminar todos os puntos agresivos co río, coma escolleras, paseos pilotados e demais e aínda discrepando da necesidade desta obra parabenizámonos de ter conseguido que o goberno recoñeza finalmente que o anterior proxecto era agresivo co medio e, polo tanto, de que o modifique”, engade. “Pero seguimos vendo un proxecto que non é prioritario para Betanzos e sinceramente cremos que en Betanzos hai actuacións moito máis urxentes desde o punto de vista patrimonial e turístico, como rehabilitar o Casco Histórico ou o Pasatempo, como por certo fixemos público hai meses cando se produciu o derrubo do muro do Pasatempo” explica o voceiro do BNG, Henrique del Río, “ou, sen saír xa do río, é moito máis urxente desde o punto de vista ambiental acabar cos verquidos, rematar a rede de saneamento ou eliminar especies invasoras.
O goberno local paralizou a contratación deste paseo a comezos de xaneiro deste ano, tras presentar un recurso o BNG por licitar parte das obras no municipio veciño, onde Betanzos non ten competencias como Administración Pública. As nacionalistas apoiaron as mobilizacións das entidades críticas co trazado aprobado por PSOE e PP en 2014 e desenvolveron unha campaña divulgativa propia sobre o impacto da obra desde esa data, tal e como estaba deseñada, no Mandeo e na súa riqueza ambiental.