O Pleno acordou por unanimidade a proposta do BNG para celebrar o 650 aniversario da Crónica Troiana

Amelia Sánchez é a portavoz do BNG
Amelia Sánchez é a portavoz do BNG

Desde o BNG insistiron en que esta obra é un monumento da nosa literatura nacional na Idade Media e por iso pediron tamén ao goberno local que difunda a súa importancia entre a veciñanza, cunha programación cultural e instalando un elemento conmemorativo no entorno de San Francisco

O Pleno acordou tamén demandar ao goberno do estado a devolución da Crónica Troiana a Galiza e instar aos grupos do Parlamento de Galiza a demandar ao goberno do estado a devolución da Crónica Troiana a Galiza

O Pleno acordou por unanimidade a proposta do BNG para celebrar o 650 aniversario da Crónica Troiana

Betanzos, 6 de outubro de 2023.- O Pleno aprobou por unanimidade a proposta do BNG para celebrar o 650 aniversario do remate da Crónica Troiana cunha programación cultural para poñer en valor esta efeméride, os autores e contexto e a propia obra, divulgándoa entre a veciñanza. 

Crónica Troiana, que a día de hoxe é a obra literaria en prosa medieval galega máis extensa que se conserva. O seu tradutor e escribán foi Fernán Martíns, capelán de Fernán Pérez de Andrade, o Bo, que legou así para Galiza, ademais das mellores mostras do gótico galego, a cimeira da literatura medieval en prosa na nosa lingua”, explicou a voceira do BNG, Amelia Sánchez. O vinculo desta obra con Betanzos é obvio, xa que a residencia habitual de Fernán Pérez de Andrade era en Betanzos, polo que é probábel que o seu capelán e conselleiro, Fernán Martíns, tamén residise en Betanzos”, engadiu.

“O códice da Crónica Troiana ten 185 follas de pergamiño escritas a unha única columna, con letra francesa visiblemente de varias mans, sendo a parte principal da propia man de Fernán Martíns, que como deixa escrito foi o redactor da obra. Foi rematada, como anota o capelán de Andrade, o 20 de xaneiro de 1373. Cúmprense este ano 650 anos do remate desta obra. Actualmente a Crónica Troiana está na Biblioteca Nacional de Madrid”, explicou Amelia Sánchez

Desde o BNG insistiron en que esta obra é un monumento da nosa literatura nacional na Idade Media e por iso pediron tamén ao goberno local que difunda a súa importancia entre a veciñanza, instalando un elemento conmemorativo no entorno de San Francisco sinalando a redacción da Crónica Troiana e o seu significado para a nosa literatura nacional.

O Pleno acordou tamén demandar ao goberno do estado a devolución da Crónica Troiana a Galiza e instar aos grupos do Parlamento de Galiza a demandar ao goberno do estado a devolución da Crónica Troiana a Galiza.

O Pleno acordou por unanimidade a proposta do BNG para celebrar o 650 aniversario da Crónica Troiana