“RESULTA LAMENTÁBEL VER COMO XUNTA E GOBERNO LOCAL CORREN A CULPARSE MUTUAMENTE, ESQUECENDO AS SÚAS OBRIGAS CO MANTEMENTO DO CENTRO PARA OFRECER UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE, E MENTRES SE DESCUALIFICAN MUTUAMENTE, AS NOSAS FILLAS PADECEN AS DEFICIENCIAS DO CENTRO”
Exixiremos no Pleno solucións ás filtracións de chuvia no interior do aulario
O BNG rexistrou no Parlamento de Galiza unha batería de iniciativas exixindo á Xunta que aclare os motivos polos que se filtra a auga da chuvia ao interior do edificio e mais urxen prazos concretos para poñerlles fin definitivamente.
“Resulta lamentábel ver como Xunta e goberno local corren a culparse mutuamente, esquecendo as súas obrigas co mantemento do centro para ofrecer un ensino público de calidade, e mentres se descualifican mutuamente, as nosas fillas padecen as deficiencias do centro”
O BNG rexistrou no Parlamento de Galiza unha batería de iniciativas exixindo á Xunta que aclare os motivos polos que se filtra a auga da chuvia ao interior do edificio e mais urxen prazos concretos para poñerlles fin definitivamente.
“Resulta lamentábel ver como Xunta e goberno local corren a culparse mutuamente, esquecendo as súas obrigas co mantemento do centro para ofrecer un ensino público de calidade, e mentres se descualifican mutuamente, as nosas fillas padecen as deficiencias do centro”
Betanzos, 23 de xaneiro de 2020. O BNG levará a Pleno as filtracións de auga no comedor do aulario de educación infantil do CEIP Vales Villamarín. “O pasado 16 de xaneiro o comedor do aulario sufriu filtracións procedentes da cuberta do edificio, que obrigaron a reconfigurar o servizo de comedor escolar esa xornada e a seguinte” recorda Henrique del Río, voceiro do BNG.
Desde o BNG lembran que “non era a primeira vez que isto acontecía, nin no comedor, nin noutras dependencias do aulario”.
Neste sentido, recordan que “aínda non hai dous meses antes, outra aula do mesmo edificio tivo que ser clausurada logo de que outra pingueira a deixara inutilizada, reubicándose as crianzas que a ocupan noutras dependencias”. Del Río explica que, ademais, “o lucernario ubicado no acceso principal do edificio tamén rexistra periodicamente filtracións ao interior do corredor principal”.
As nacionalistas engaden que as pingueiras rexistradas hai dous meses nunha das aulas tiñan orixe “ na falta de limpeza dos canalóns de recollida e evacuación de augas pluviais, segundo se puido saber na altura”. O voceiro do BNG lembra que “o mantemento do colexio é unha competencia do Concello”.
“Neste caso parece que esta non é a causa das filtracións, aínda que tamén se atoparon elementos obstruíndo as baixantes de augas pluviais, segundo nos explicaron no centro tras inspeccionarse as cubertas” abunda o edil nacionalista. “É intolerábel que un edificio que apenas ten seis anos presente problemas deste calibre”, apunta o voceiro do BNG.
“Pero é máis lamentábel ver como Xunta e goberno local corren a culparse mutuamente, esquecendo as súas obrigas co mantemento do centro para ofrecer un ensino público de calidade”, censura. “E mentres se descualifican mutuamente, as nosas fillas padecen as deficiencias do centro, sen que nin ao PSOE nin ao PP, nin ao goberno local nin á Xunta, parezan ter como prioridade solucionar”, explica.
Por este motivo, as nacionalistas demandarán no Pleno que se lle exixa á Xunta e ao goberno local que, cada unha na parte que lles corresponde, poñan fin a estes episodios de filtracións que se veñen dando desde os primeiros anos de funcionamento do aulario. “É un colexio novo, isto non pode ser”, conclúe Del Río.
O BNG demanda no Parlamento prazos concretos para solucionar as pingueiras
O BNG rexistrou no Parlamento de Galiza unha batería de iniciativas sobre este asunto. As nacionalistas cuestionan que “un edificio novo non pode ter este tipo de problemas continuamente” e exixen á Xunta que aclare os motivos polos que se filtra a auga da chuvia ao interior do edificio e mais urxen prazos concretos para poñerlles fin definitivamente.