O BNG demandará no Parlamento un patio cuberto para o novo aulario
A Xunta ten 350 000 euros para pagarlle un videoclip a Enrique Iglesias na Cidade da Cultura pero para o ensino público o conselleiro di que non ten un patacón. Esta claro que o ensino público non é unha prioridade para o PP.
Betanzos, 3 de xaneiro de 2015. O BNG pediu de novo unidade de acción aos diferentes partidos, á comunidade escolar e a veciñanza en xeral en defensa do ensino público diante das últimas declaracións do Conselleiro de educación. O Conselleiro afirmou onte que non ía cubrir unha parte do patio do novo aulario de Betanzos porque segundo as características que marca a lexislación non é necesario, criticou Henrique del Río, voceiro do BNG. Facer un colexio sen patio cuberto en Galiza ten tan pouco sentido como facer unha presa no Sáhara, ironizou o nacionalista. En todo este tema do novo colexio o PP estivo xogando todo o tempo a crear unhas expectativas nas familias que non se cumpren, lamentou Del Río.
Non sabemos se a parte cuberta polo aleron e diante da entrada é suficiente para cumprir a lexislación pero desde logo non é un patio cuberto, indicou Del Río, patio cuberto non hai e os nenos, entre 3 e 5 anos que son as idades que utilizan o aulario, non poden sair ao patio cando chove.
O portavoz do PP, Jose Angel Rodríguez Prieto, asegurou que se faría o patio cuberto porque así llelo dixeran os técnicos da Xunta, recorda o edil do BNG, e agora o conselleiro di que non é unha actuación prioritaria e non se vai facer. Desde o BNG afirmaron que non é a primeira vez que isto sucede, xa que o mesmo concelleiro afirmara tamén no seu momento que o novo colexio non se ía convertir nun aulario, pero os seus xefes en Santiago parecen empeñados en deixalo en evidencia, ironizou Del Río.
O portavoz do PP, Jose Angel Rodríguez Prieto, asegurou que se faría o patio cuberto porque así llelo dixeran os técnicos da Xunta e agora o conselleiro di que non é unha actuación prioritaria e non se vai facer
A Xunta ten 350 000 euros para pagarlle un videoclip a Enrique Iglesias na Cidade da Cultura pero para o ensino público o conselleiro di que non ten un patacón. Esta claro que o ensino público non é unha prioridade para o PP, lamentou Del Río.
Os nacionalistas cuestionan, ademais, que o PP tumbase a súa emenda aos orzamentos para facer do aulario un novo colexio de educación infantil. Botaron anos prometendo un colexio novo e á hora da verdade negáronse a modificar as contas cos 180 000 euros que permitisen ter un novo colexio de educación infantil en Betanzos, explica Del Río. Seica a Xunta non ten eses cartos, dixo o PP, mais si que tivo 600 000 euros para unha campaña publicitaria animándonos a ter fillos, ironiza o edil do BNG. Se houbese colexios, servizos e prestacións, non habería necesidade de animar a ninguén a ter fillos asegura.
O BNG insiste na necesidade dunha fronte unitaria en defensa do ensino público
Seguimos crendo que a forma de obrigar á Xunta a dar marcha atrás nesta aldraxe é ofrecer unha postura de unidade da man da comunidade escolar, explicou Del Río. Por este motivo, desde o BNG demandaron ao goberno local de Betanzos unha vez máis que saiba estar a á altura das circunstancias e actúe con altura de miras buscando actuacións conxuntas para enfrontar o anuncio da Xunta deixar o aulario sen un patio cuberto nun país onde chove a metade do ano.
A actuación do goberno do PSOE, malia apoiar a nosa proposta de levar adiante actuacións conxuntas, foi a contraria. Insistimos na necesidade de que o goberno local rectifique o seu cálculo electoralista poña por diante da súa comenencia electoral os intereses xerais da nosa veciñanza, asegura o voceiro nacionalista. Desde logo, se o goberno local é incapaz de buscar esta postura unitaria, o BNG fará canto estea na súa man por defender o ensino público de calidade na nosa localidade e trasladeremos este tema ao Parlamento, concluíu.