O guindastre: servizos para a veciñanza ou beneficios para as empresas?
O goberno local non quere que sexa o propio Concello quen preste o servizo de guindastre. Deixouno claro este pasado mes de agosto no Pleno o PSOE, ao votar en contra de poñer en funcionamento un servizo público de retirada de vehículos porque o problema, segundo afirmaron, é que sexa público xa que non valoran outra opción que non sexa a nova privatización do servizo.
Pediremos no Pleno implantar un servizo publico de retirada de vehículos da vía pública
“Polo que sabemos o goberno local ven encomendando en determinados casos a retirada de vehículos a unha empresa, mais en moitos casos cando a veciñanza chama aos servizos municipais pedindo que se retiren coches sobre beirarrúas, diante de portas ou sobre vados que impiden o normal tránsito, díselles que non hai guindastre para retiralos”
Desde o BNG explicaron que o Concello ten, conforme ao contrato extinguido, un vehículo guindastre da súa propiedade e ten persoal para facer o traballo ou ten posibilidade de contratar persoal para facelo
Animamos á veciñanza presentar alegacións contra a ORA e o estacionamento expres no Casco Histórico
As nacionalistas facilitan pregos de alegacións á veciñanza. O BNG xa ten presentado un proxecto alternativo para regular a mobilidade peonil no Casco Histórico, garantindo zonas de servizos, de aparcamento para residentes, clientes do comercio e visitantes, en función das súas distintas necesidades.
Insistimos novamente en mellorar a sinalización nas incorporacións ao Malecón
“Pedimos ao goberno local que pase dos compromisos difusos ás medidas concretas”. “As medidas necesarias son fáciles de implementar e non serían costosas”
ORA, Casco Histórico e participación
Máis de 30.000€ para colocar unha ducia de cámaras nas rúas do Casco Histórico. É a prioridade de investimento do goberno do PSOE na zona monumental.
Lamentamos que o PSOE impoña o "parking express" no Casco Histórico na nova ordenanza da ORA
“Insistimos en substituír a ORA por un sistema gratuíto de rotación para o estacionamento para que o centro comercial aberto de Betanzos poida competir coas grandes superficies comerciais, que dan aparcamento gratis á clientela”.
Aquí tes o proxecto que aprobou o goberno para instalar cámaras no Casco Histórico e anosa alternativa
Aquí tes o proxecto que aprobou o goberno para instalar cámaras no Casco Histórico
O BNG leva a pleno o malestar veciñal co estacionamento dentro da rotonda do Rollo
“Pensamos que é máis seguro evitar o estacionamento na rotonda para garantir a seguridade viaria, de feito parécenos que non é o sitio axeitado para habilitar prazas de aparcamento”
O BNG insistiu, nun reparto na Pescadería, na necesidade de afrontar o tema da mobilidade no Casco Histórico
Os nacionalistas explicaron que é necesario dar un impulso ao comercio de proximidade, incentivando a compra de produtos locais e galegos fomento o centro comercial aberto como fórmula de oferta competitiva do comercio tradicional fronte a outros formatos.