Aquí tes o proxecto que aprobou o goberno para instalar cámaras no Casco Histórico e anosa alternativa
Aquí tes o proxecto que aprobou o goberno para instalar cámaras no Casco Histórico
Betanzos, 22 de febreiro de 2017. O goberno local aprobou onte, co único voto en contra do BNG, un proxecto duns 30 000 euros para instalar cámaras nas rúas do Casco Histórico para desenvolver o seu proxecto de "parking express", isto é, devolver o tránsito rodado e o estacionamento ás rúas da zona monumental.
Incumpre así un acordo alcanzado para analizar na Comisión de Tráfico as propostas que cada grupo puidese ter sobre a mobilidade no centro histórico.
O proxecto supón un investimento de 30 000 euros para colocar entre 10 e 12 cámaras para controlar o acceso e saída de vehículos do Casco Histórico, medindo o tempo que permanecen dentro para controlar o cumprimento do "parking express".
Como nin sequera informou de que levaba a pleno esta actuación dentro do plan de obras POS+ da Deputación, ofrecémosche o proxecto íntegro, orzamento de execución e mais o proxecto do "parking express" para que poidas coñecelos ti mesma.
Este proxecto serve para aplicar o proxecto do "parking express" que o goberno local do PSOE quere impoñer no Casco Histórico: