O BNG rexistra unha batería de iniciativas no Parlamento para demandar pediatras e especialistas no centro de saúde de Betanzos
“Aínda hai un par de semanas o Pleno do Concello de Betanzos aprobaba unha iniciativa demandando a cobertura de prazas de pediatría e especialidades porque a situación no ambulatorio, lonxe de solucionarse, vense agravando ano tras ano e concurso de traslados tras concurso de traslados”
Para o BNG, resulta lamentable que a Xunta estea obrigando a que “unha familia con varios fillos non teña asignado pediatra por agrupamento familiar no seu concello, senón cadanseu pediatra en concellos diferentes”