“RESULTA LAMENTÁBEL QUE O PROPIO GOBERNO LOCAL DO PSOE UTILICE E PROMOVA TIRAR ENTULLO NESTA PARCELA, PRÓXIMA AO BARRIO DA RIBEIRA E A ESTACIÓN DO TREN E A EQUIPAMENTOS TURÍSTICOS, DEPORTIVOS E DE LECER DEGRADANDO O ENTORNO”.

O BNG reclama a limpeza do entorno da área de autocaravanas

Imaxe de arquivo dun vertedoiro a carón da área de autocaravanas
Imaxe de arquivo dun vertedoiro a carón da área de autocaravanas
“Resulta lamentábel que o propio goberno local do PSOE utilice e promova tirar entullo nesta parcela, próxima ao barrio da Ribeira e a estación do tren e a equipamentos turísticos, deportivos e de lecer degradando o entorno”.
O BNG reclama a limpeza do entorno da área de autocaravanas


Betanzos, 18 de marzo de 2025. O BNG trasladou ao pleno o malestar de usuarios da área de autocaravanas e do parque canino pola acumulación de entullo na zona. A concelleira nacionalista Vanesa Rey indicou que “ o concello utiliza parte dunha parcela situada entre a vía do tren e o parque Pablo Iglesias para amontoar os refugallos das obras que se levan a cabo por toda a cidade o que causa una sensación de abandono e de vertedoiro”

Lembrou que en parte desa parcela inaugurouse en febreiro do ano 2019 un área de estacionamento de caravanas que levaba anos propoñendo o BNG e mais un parque para uso e desfrute das  mascotas. “Mais, lonxe de verse mellorado este espazo, o uso como vertedoiro deste espazo convirtese nun  foco de infeccións tanto para os usuarios do parque canino como da area de caravanas”. 

Desde o BNG lamentan que o uso como vertedoiro deste espazo por parte do goberno local é “recorrente e esta denuncia xa a trouxemos a pleno en máis ocasións”. “Resulta lamentábel que o propio goberno local do PSOE utilice e promova tirar entullo nesta parcela, próxima ao barrio da Ribeira e a estación do tren e a equipamentos turísticos, deportivos e de lecer degradando o entorno”.

Por este motivo, Vanesa Rey demandou ao goberno local que “acondicione este espazo como merece e retire todos eses refugallos que afean esta zona”.

O BNG reclama a limpeza do entorno da área de autocaravanas