O pleno, por iniciativa do BNG, reclama á Xunta que dote o ambulatorio do Carregal de pediatras e especialistas
Salvador González: "despois do último concurso de traslados e da asignación de novas pediatras ao noso centro de especialidades, estase a comunicar ás familias que acaban de ter bebés que as pediatras non teñen cupo, forzándoas a presentar escritos para que se lle asigne un pediatra aos seus fillos e fillas".
"FarÃa ben o PP en demandarlle á Xunta que poña pediatras e especialistas no centro de saúde do Carregal en lugar de vir ao Pleno a defender a indefendÃbel polÃtica de desmantelamento da sanidade pública da Xunta"
Betanzos, 30 de xaneiro de 2025. O Pleno de Betanzos acordou demandar á Xunta que cubra a falta de facultativos de especialidades e pediatrÃa no centro de saúde do Carregal. A iniciativa do BNG acadou o voto favorábel da Corporación, se ben "o PP preferiu defender os recortes da Xunta en lugar de mirar pola veciñanza de Betanzos", lamentan as nacionalistas.
O edil do BNG Salvador González lembrou que "vimos denunciando ao longo dos anos a carencia de persoal médico suficiente, a necesidade de persoal de pediatrÃa ou a falta de persoal para cubrir as baixas e as vacacións dos facultativos sanitarios".
A situación, engade, empeora ano tras ano do mesmo xeito que se deteriora o sistema sanitario de Galiza a causa das polÃticas de recortes e privatizacións da Xunta do PP. Un deterioro que, ademais da falta de facultativas para atender á veciñanza, se traduce tamén no "aumento das listaxes de agarda para recibir atención de especialistas e atención primaria"
O concelleiro nacionalista Salvador González indicou que, no caso concreto do persoal de pediatrÃa "despois do último concurso de traslados e da asignación de novas pediatras ao noso centro de especialidades, se está a comunicar ás familias que acaban de ter bebés que as pediatras non teñen cupo, forzándoas a presentar escritos para que se lle asigne un pediatra aos seus fillos e fillas e adxudÃcandolles outros pediatras como o compartido entre Oza-Cesuras e Abegondo". "Esta situación, que se produce mesmo cando se debe asignar un pediatra por agrupamento familiar, resulta intolerábel e esixe unha solución desde o Sergas e a ConsellarÃa de Sanidade", advirten as nacionalistas.
"As galegas estamos asumindo un importante investimento formando persoal sanitario que logo, polas condicións cada vez máis precarias da sanidade pública a causa das decisións do PP, ten que ir gañar a vida fóra e a xenerar beneficios e benestar a outros paÃses" denuncia Salvador González. "FarÃa ben o PP en demandarlle á Xunta que poña pediatras e especialistas no centro de saúde do Carregal en lugar de vir ao Pleno a defender a indefendÃbel polÃtica de desmantelamento da sanidade pública da Xunta", concluÃu.