“O PATRIOMONIO É ALGO MÁIS QUE IGREXAS E PAZOS, E SEMELLA QUE O GOBERNO LOCAL DO PSOE NON É QUEN DE ATENDER A RIQUEZA PATRIMONIAL DE BETANZOS, NIN DE COMPRENDER QUE HAI PATRIMONIO QUE RECUPERAR E NO QUE INVESTIR ALÉN DA PRAZA DO CAMPO”

O BNG demanda no Pleno o mantemento de fontes e lavadoiros

Unha vista da Fonte dos Ánxeles
Unha vista da Fonte dos Ánxeles
“O patriomonio é algo máis que igrexas e pazos, e semella que o goberno local do PSOE non é quen de atender a riqueza patrimonial de Betanzos, nin de comprender que hai patrimonio que recuperar e no que investir alén da praza do Campo”
O BNG demanda no Pleno o mantemento de fontes e lavadoiros

Betanzos, 17 de marzo de 2025. O BNG demandou no pleno o mantemento das fontes e lavadoiros. A concelleira nacionalista Vanesa Rey trasladou as queixas da veciñanza pola “ falta de mantemento de moitas fontes do noso concello”, cunha “situación de limpeza e mantemento bastante mellorábel”. 

A concelleira advertiu que ademais da fonte do Campo, con fugas e outras carencias de mantemento, moitas outras fontes da cidade están en estado similar. “Hai anos o pleno aprobou poñer en valor a fonte dos Cabalos e mais o campo da Feira Nova, do mesmo tempo que a Fonte de Diana e o acordo segue sen cumprirse”. 

“Do mesmo xeito, a fonte dos Ánxeles, a máis antiga da cidade, segue deteriorándose sen que nunca chegue a rehabilitación que precisa” advirten desde o BNG, que unen á listaxe fontes monumentais como a da Cangrexeira ou obras de arquitectura popular como a da Señora Jesusa, na Xerpe.

“O patriomonio é algo máis que igrexas e pazos, e semella que o goberno local do PSOE non é quen de atender a riqueza patrimonial de Betanzos, nin de comprender que hai patrimonio que recuperar e no que investir alén da praza do Campo”, lamentan as nacionalistas.

Por este motivo, a concelleira nacionalista Vanesa Rey demandou no pleno un plan de mantemento e recuperación de fontes e lavadoiros, con prazos concretos para recuperar estes elementos da arquitectura popular. “O patrimonio é o motor económico de Betanzos, é preciso que o Concello como administración o teña claro”, conclúen.


 

O BNG demanda no Pleno o mantemento de fontes e lavadoiros