É hora de esixir solucións: a situación da sanidade pública en Betanzos e na nosa comarca

Desde o BNG levamos anos trasladando ao pleno do Concello e ao Parlamento a carencia de persoal médico. Múltiples iniciativas e denuncias que caen en saco roto pola falta de vontade do PP en mellorar a sanidade pública, ou dito doutra maneira polo seu interese en favorecer a sanidade privada.

É hora de esixir solucións: a situación da sanidade pública en Betanzos e na nosa comarca

O recorte de fondos para a sanidade pública que desde hai anos executa o PP desde a Xunta, ten consecuencias concretas na calidade do servizo sanitario, en todo o país e tamén en Betanzos e na nosa comarca.

Hai moitos exemplos que todos e todas coñecemos, o último, a falta de pediatras no centro de saúde de Betanzos. Temos dúas prazas, as dúas de mañá e as dúas co cupo cuberto. As familias que teñen bebés en Betanzos, cando van demandar este servizo pídeselles que presenten un escrito e estáselles adxudicando o pediatra compartido entre Oza-Cesuras e Abegondo. Unha situación moi grave, especialmente tendo en conta a situación do transporte público na nosa comarca.

Non é o único caso: para consultas de especialidades como psiquiatría ou para probas básicas como ecografías temos que desprazarnos á Coruña, non por falta de infraestruturas senón por falta de persoal. O servizo de nutricionista na atención primaria, que o PP na Xunta anunciou como unha das medidas estrelas o pasado ano na sanidade pública, estaba asociado a uns fondos europeos. Rematado este financiamento vaise ver recurtado á metade este persoal.

A situación empeora ano tras ano do mesmo xeito que se deteriora o sistema sanitario a causa dos recortes e privatizacións da Xunta do PP. Un deterioro que supón tamén o aumento das listaxes de agarda para recibir atención de especialistas. Os tempos de agarda son tan escandalosos que, en moitos casos, cando a veciñanza solicita unha consulta nin sequera a inclúen nas listas, senón que se gardan as solicitudes nun caixón até que queden citas libres, moitas veces meses máis tarde, na especialidade solicitada.

Desde o BNG levamos anos trasladando ao pleno do Concello e ao Parlamento a carencia de persoal médico. Múltiples iniciativas e denuncias que caen en saco roto pola falta de vontade do PP en mellorar a sanidade pública, ou dito doutra maneira polo seu interese en favorecer a sanidade privada.

O PP no Pleno de Betanzos negouse a apoiar a nosa proposta para esixir á Xunta que solucione os problemas de pediatría e outro persoal no centro de saúde e especialidades de Betanzos. Xustificano no tan recorrido a culpa é do Goberno do Estado, obviando que a competencia en exclusiva sobre a sanidade pública galega é da Xunta de Galiza. As veciñas e veciños de Betanzos e as nosas necesidades, quedamos nun segundo plano fronte os intereses partidistas do PP.

Desde o BNG pensamos que é hora de que as nosas representantes esixan solucións para os problemas que nos afectan en Betanzos e na nosa comarca e se deixen deste debate estéril que só busca culpábeis e non resolve absolutamente nada.

É hora de esixir solucións: a situación da sanidade pública en Betanzos e na nosa comarca