Propoñemos levar a Feira Franca até a Ponte Vella cunha mostra de embarcacións tradicionais
Propoñemos implicar á veciñanza permitindo ás cuadrillas reservar espazo nas rúas para organizar xantares populares vestidos á moda do Medievo.
Só apostando polo propio poderemos diferenciar a Feira Franca do resto de feiróns medievais
Este ano, que se cumpren 550 anos do remate da Revolución Irmandiña, é o momento de empezar a celebrar a nosa verdadeira historia, porque só apostando polo propio poderemos diferenciar a Feira Franca do resto de feiróns medievais que hai.
Un photocall dará a coñecer as propostas do BNG para repensar a Feira Franca
Xantares populares nas rúas para a veciñanza que se vista de época, xogos populares, danzas gremiais, folión de carros do país ou embarcacións tradicionais, algunhas das propostas para singularizar o festexo.
As nacionalistas propoñen unha edición de peto coas cantigas dos trobadores betanceiros Pero Amigo de Sevilha, Pero de Ambroa e sobre María a Balteira e reeditar a Crónica Troiana.
Cuestionamos que se contrate persoal para as festas tendo servizos básicos sen persoal
“Obviamente preferimos isto á privatización que fixeron para o mesmo cometido os últimos anos, pero é un persoal que non é necesario, un gasto superfluo mentres para servizos básicos o goberno local se nega, con excusas que neste caso non contempla, a contratar persoal”
Urximos a rediseñar todo o programa da Feira Franca con medidas para fomentar a participación veciñal
“Todo o apartado de sancións sería innecesario se a organización da Feira Franca Medieval se fixese como se debería facer e se esmerase nos detalles en lugar de xestionala como un mercado calquera”.
Reserva de rúas para xantares populares, concursos de baixos decorados, cursos de patronaxe e concurso de deseño e reprodución de traxes medievais, concursos de receitas medievais, licores, fotografía, o propio cartel anunciador da festa, medidas do BNG para fomentar a participación veciñal na Feira Franca
Lamentamos que o goberno local redacte unha ordenanza para a Feira Franca onde se centra en aspectos do programa e sen puntos básicos para a xestión
“Ademais en aspectos concretos vemos que a ordenanza é bastante inxusta, recolle por exemplo a posibilidade de renovación automática para os postos de elaboración de comida in situ (os que saen a poxa: crepes, kebabs, pan pizza, polbo, churrasco, etc), que xa sairon a poxa hai aproximadamente un mes, mentres esta posibilidade está prohibida para o resto de postos incluídos os das asociacións”.
Dende o BNG botan de menos concreción nos criterios de selección de postos de asociacións ou de comercios.
Presentamos cun photocall as nosas propostas para mellorar a Feira Franca Medieval
Del Río: “A aposta polo propio, polo que nos fai diferentes, é o camiño para posicionar Betanzos, tanto entre as festas medievais como todo o ano: o patrimonio e a historia é o que nos fai únicos”
Denunciamos a contratación de persoal a través dunha empresa privada para a Feira Franca Medieval
“O curioso é que cada ano o goberno local cambia o nome da empresa á que lle dá este contrato, pero sempre son as mesmas persoas as que traballan en dependencias municipais”. “O PSOE tómase demasiado en serio o da volta á Idade Media outorgando a dedo mercés a quen lle peta ao señor feudal”
O BNG advirte de irregularidades nos ingresos de 2015 segundo a conta xeral
O goberno local decidiu “a ollo” os prezos dos libros que vende o Concello e non “tramitou a alta en Facenda para que o Concello exerza “actividades económicas e as obrigas fiscais en materia de IVE”.
“No 2015 hai determinadas concesionarias de servizos municipais que non ingresaron un peso ao Concello por enriquecerse a conta da veciñanza”