ESTE ERA O TERCEIRO ANO CONSECUTIVO EN QUE O COLOCABAMOS PARA QUE CALQUERA PERSOA PUIDERA RETRATARSE, DE BALDE, COMO MARÍA BALTEIRA, XOHÁN BRANCO OU FERNÁN MARTÍNS, E ATÉ ESTE ANO NUNCA PROBLEMA TIVERAMOS AO RESPECTO

Denunciamos que o goberno do PSOE nos obrigou a levantar o photocall medieval

photocall medieval
O photocall do BNG o pasado ano
"O photocall era unha proposta en positivo e non facía nungún mal nin desmerecía en absoluto a Feira Franca e parécenos moi grave o limitar deste xeito a liberdade de expresión"
Denunciamos que o goberno do PSOE nos obrigou a levantar o photocall medieval


"O photocall era unha proposta en positivo e non facía nungún mal nin desmerecía en absoluto a Feira Franca e parécenos moi grave o limitar deste xeito a liberdade de expresión"

Betanzos, 14 de xullo de 2019. O BNG lamentou que o goberno local ordenase retirar o seu photocall da Feira Franca Medieval. "Este era o terceiro ano consecutivo en que o colocabamos para que calquera persoa puidera retratarse, de balde, como María Balteira, Xohán Branco ou Fernán Martíns, e até este ano nunca problema tiveramos ao respecto", relata o voceiro do BNG, Henrique del Río.

As nacionalistas explican que estaba instalado, como os dous anos anteriores, ao pé da súa sede comarcal, a carón do recinto oficial da Feira Franca Medieval. Xunto coa fotografía, repartían un díptico coas biografías dos tres persoeiros do photocall e un resumo das propostas do BNG para relanzar a Feira Franca. Este ano, ademais, había unha pequena mesa de Galiza Nova para promocionar o Festigal e as actividades do Día da Patria na comarca.

"O photocall era unha proposta en positivo e non facía nungún mal nin desmerecía en absoluto a Feira Franca e parécenos moi grave o limitar deste xeito a liberdade de expresión" apuntan desde o BNG. As nacionalistas reclamarán, unha vez máis, toda a documentación oficial sobre a Feira Franca. "A ver que é exactamente o que incumpría o photocall" ironiza Del Río.

"Desde logo a actitude do goberno local é moi realista, estalles quedando moi medieval todo ultimamente" ironiza o edil nacionalista. "En lugar de preocuparse por mellorar a feira Franca para as veciñas ou darnos mellores servizos esméranse en laminar a quen pensa diferente, sexan asociación ou a oposición" relata. "Non é o photocall, non son as propostas diferentes e nin sequera é  o BNG. É crer que todo é deles" engaden.

"Contra a soberbia e o despotismo, pola liberdade e a democracia non nos van calar" advirten desde o BNG. "Porque o tema é ese e hoxe tocounos a nós, pero estes días tocoulles a outras. E non pode haber seguinte" conclúen.

Denunciamos que o goberno do PSOE nos obrigou a levantar o photocall medieval