Urximos a rediseñar todo o programa da Feira Franca con medidas para fomentar a participación veciñal

photocall medieval
Photocall presentando as propostas do BNG para a Feira Franca Medieval

“Todo o apartado de sancións sería innecesario se a organización da Feira Franca Medieval se fixese como se debería facer e se esmerase nos detalles en lugar de xestionala como un mercado calquera”.

Reserva de rúas para xantares populares, concursos de baixos decorados, cursos de patronaxe e concurso de deseño e reprodución de traxes medievais, concursos de receitas medievais, licores, fotografía, o propio cartel anunciador da festa, medidas do BNG para fomentar a participación veciñal na Feira Franca

Urximos a rediseñar todo o programa da Feira Franca con medidas para fomentar a participación veciñal

“Todo o apartado de sancións sería innecesario se a organización da Feira Franca Medieval se fixese como se debería facer e se esmerase nos detalles en lugar de xestionala como un mercado calquera”.

Reserva de rúas para xantares populares, concursos de baixos decorados, cursos de patronaxe e concurso de deseño e reprodución de traxes medievais, concursos de receitas medievais, licores, fotografía, o propio cartel anunciador da festa, medidas do BNG para fomentar a participación veciñal na Feira Franca

Betanzos, 28 de abril de 2018. O BNG lamentou que o goberno local se negue a cambiar absolutamente nada na programación da Feira Franca Medieval. “Logo de recoller suxestións no web, a proposta do goberno local é blindar convertindo en ordenanza o mesmo programa da Feira Franca que se leva repetindo máis de vinte anos”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

 “O goberno di que a festa recrea a historia da cidade malia poñer a un señor feudal a cobrar tributos nunha cidade que xa tiña Concello ou confundir a Gran Guerra Irmandiña coa Fusquenlla” cuestiona o BNG. “Di moito que debéndolle a Feira Franca orixinal, o título de cidade e mesmo voto en Cortes a un líder irmandiño como Xohán Branco, o goberno local queira blindar nunha ordenanza a criatura de ficción dun Fernán Pérez de Andrade señor dunha cidade con Concello” resume. “Moito rigor non hai”, ironiza.

Neste sentido, para as nacionalistas cómpre recrear a historia local nas representacións incluídas no programa, reformulándoas para poñer en valor o diferente, o auténtico. “Propomos dedicar cada ano a un persoeiro medieval de xeito temático ou ben desenvolver novas esceas en base a episodios históricos documentados da historia betanceira, reivindicando o importantísimo papel desempeñado por mulleres donas de si como Sancha Rodrigues, María Balteira ou Dona Urraca” relata Del Río.

Ademais, as nacionalistas suxeriron recuperar a presenza e pegada dos gremios, con especial atención á presenza das danzas gremiais na programación da Feira Franca e poñer en valor a historia local cun ciclo divulgativo que vaia alén das propias xornadas festivas. Ademais, defenderon revisar os criterios de contratación dos espectáculos de rúa para garantir que representan a cultura do país e manter “o idioma que falaba a Galiza do século XIV na festa, o galego”.

Desde o BNG cren imprescindíbel para a boa saúde da Feira Franca recuperar a participación veciñal espontánea das primeiras edicións da festa. Neste sentido, as nacionalistas propuxeron crear incentivos para que a veciñanza participe na propia festa, alén de se vestir de época ou participar nas escenas teatrais que coordina o Concello: reserva de rúas para xantares populares, concursos de baixos decorados, cursos de patronaxe e concurso de deseño e reprodución de traxes medievais, concursos de receitas medievais, licores, fotografía, o propio cartel anunciador da festa, etc e implicar o centro comercial aberto e o comercio na ambientación do Casco Histórico.

Ademais, suxeriron recuperar a presenza de oficios tradicionais que desapareceron da Feira Franca e impulsar a presenza de elementos da cultura galega que complementan a temática histórica da Feira Franca: folión de carros do país, representación dalgún traballo do agro da comarca, encontro de embarcacións tradicionais no peirao da Ponte Vella,... “Poderíase incluír un espazo para xogos e deportes tradicionais galegos como chave, billarda, bolos celtas, etc, que son parte da nosa cultura máis orixinal e mesmo convocar uns xogos florais neotrobadorescos”, relatan.

Sancións innecesarias se a organización fose como debería ser

Desde o BNG sinalan, ademais, que a ordenanza non prevé mecanismos para facer cumprir a obriga de ambientar axeitadamente os postos e o persoal que os atende. “Hai multas, elevadas, por non exhibir facturas ou documentación, pero non se articulan medidas para evitar persoas sen vestir de época nos postos ou a presenza de bombonas, cableado e bombillas á vista sen disimular, fritidoras, fornos eléctricos e outros electrodomésticos e elementos que restan calidade ao evento” indican as nacionalistas.

“En todo caso, todo o apartado de sancións sería innecesario se a organización da Feira Franca Medieval se fixese como se debería facer e se esmerase nos detalles en lugar de xestionala como un mercado calquera”, inciden, anunciando que levarán unha batería de emendas á comisión que se celebrará a vindeira semana.

Aquí tes un resumo das nosas propostas

 

Urximos a rediseñar todo o programa da Feira Franca con medidas para fomentar a participación veciñal