Un novo modelo para Betanzos
Nós ofrecemos outro modelo, un modelo centrado no patrimonio e no benestar da súa veciñanza, un modelo de cidade completamente diferente ao que recolle o actual PXOM e que devolva Betanzos ao seu papel de cabeceira comarcal das Mariñas e cidade de referencia da bisbarra.