40 anos ao servizo de Galiza e de Betanzos
Para nós, ese cambio debe comezar desde os concellos. Os concellos son as raíces con que se vencella a árbore do nacionalismo no territorio
Para nós, ese cambio debe comezar desde os concellos. Os concellos son as raíces con que se vencella a árbore do nacionalismo no territorio
Desde o BNG consideramos que o goberno central debería ceder este inmóbel gratuitamente, como fixo nos casos doutros edificios propiedade do Estado noutros concellos, sen que isto provocara ningún problema legal
As tradicións e os costumes deben adaptarse para ter cabida na sociedade que as acolle e para adaptarse ás mudanzas desa sociedade
Débese acabar cos vertidos que converten a nosa ría nunha das máis contaminadas do noso territorio
Perante esta situación, debemos esixir a todos os gobernos, estatal, galego e local, que tomen medidas urxentes, que nos fagan resistentes a esta alza de prezos e que non haxa un empobrecemento radical da poboación.
Cómpre investir na modernización do trazado ferroviario entre Ferrol e A Coruña, recollendo a electrificación e a dupla vía e a construción do bypass de Infesta, para favorecer o emprego do ferrocarril en toda a zona urbana A Coruña-Ferrol e para acurtar os tempos de viaxe entre as dúas cidades e favorecer a comunicación entre os diferentes concellos da nosa comarca
Fronte á inmobilidade do Concello e da Xunta, no BNG seguiremos a traballar con iniciativas públicas e institucionais que garantan unha correcta mobilidade no transporte público, posto que esta é a alternativa máis acaída se queremos apostar por un transporte máis sustentábel desde o punto de vista económico e ecolóxico
Nós ofrecemos outro modelo, un modelo centrado no patrimonio e no benestar da súa veciñanza, un modelo de cidade completamente diferente ao que recolle o actual PXOM e que devolva Betanzos ao seu papel de cabeceira comarcal das Mariñas e cidade de referencia da bisbarra.
Non se pode valorar o que se descoñece. Por iso esta proposta dun ano enteiro de actividades para recoñecer a persoa e poñer en valor a súa obra, para cumprir coa débeda histórica pendente con Antolín Faraldo. Mais, sobre todo, para sermos conscientes de que persoas pequenas desde sitios pequenos poden cambiar a Historia. Como fixo, coa Historia de Galiza, Antolín Faraldo.
No BNG somos moi conscientes de que Betanzos precisa un PXOM, mais non este PXOM. Por iso o consideramos unha oportunidade perdida, a oportunidade de solucionar os problemas que actualmente ten este Concello e que este PXOM non resolve.
O PP desde a Xunta continúa coas constantes agresións ao ensino público a que nos teñen acostumadas. Setembro tras setembro desde hai anos repítense as supresións de profesorado nos centros educativos públicos e de servizos complementarios como os de transporte escolar, bolsas ou comedores.