“ESTA ACTUACIÓN NON INTERFIRE PARA NADA NIN NA TRAMITACIÓN DA DECLARACIÓN COMO BIC DO PARQUE NIN NAS OBRAS QUE SE POIDAN IR FACENDO PARA ATALLAR A SÚA RUÍNA”

Propoñemos habilitar un centro de interpretación do Pasatempo co POS+

As nacionalistas avogan por construír pequenas depuradoras ecolóxicas a base de brañas artificiais para levar saneamento aos núcleos que carecen del
Propoñemos habilitar un centro de interpretación do Pasatempo co POS+

“Esta actuación non interfire para nada nin na tramitación da declaración como BIC do parque nin nas obras que se poidan ir facendo para atallar a súa ruína”

As nacionalistas avogan por construír pequenas depuradoras ecolóxicas a base de brañas artificiais para levar saneamento aos núcleos que carecen del

Betanzos, 21 de novembro de 2019. O BNG presentou as súas propostas para o POS+ 2020, o Plan Único de Obras e Servizos da Deputación, do que a Betanzos corresponden algo máis de 460 000 euros. As nacionalistas propoñen reacondicionar o baixo da grada do auditorio do Pasatempo como un centro de interpretación do parque enciclopédico.

“Non hai nada que explique aos visitantes como e por que aparece o Pasatempo e no anteproxecto da rehabilitación tampouco está prevista a posta en valor e divulgación do recinto, só a consolidación do que queda”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río. “De feito, hai algo menos dun mes o equipo que redactou o proxecto para recuperar o Estanque do Retiro volveu advertir sobre esta cuestión na xuntanza que mantivemos”, abunda.

“Cremos importante dar no propio recinto unha imaxe do que foi, de cómo se construíu, de por que se perdeu e de cómo se recuperou o que aínda queda”, relata. A proposta do BNG é recuperar dous edificios baleiros e sen uso actual- os baixos do graderío do auditorio e o que fora aula da natureza- para musealizar restos que actualmente están fóra de contexto e interpretar o Pasatempo e a súa época. “Esta actuación non interfire para nada nin na tramitación da declaración como BIC do parque nin nas obras que se poidan ir facendo para atallar a súa ruína”, abunda Del Río.

“Propoñemos tamén sinalizar os elementos e a colección botánica con chapas explicativas sinxelas e non agresivas, con códigos QR” relata. “Hoxendía a tecnoloxía dixital e os smartphones que todas as persoas levan no peto permiten facer todo este traballo sen colocar paneis enormes que requiren mantemento ou editar milleiros de folletos que acaban abandonados en almacéns, sen uso”, detalla o edil do BNG.

Neste sentido, mesmo propoñen destinar o Plan Complementario, en canto se dote, a actuacións de rehabilitación no propio recinto. “Sabemos que a contía que a Deputación reservou e a que dispuxo o Concello non chegan para afrontar toda a recuperación do parque, e a Xunta polo de agora non incluíu cartos nos orzamentos para o Pasatempo”, explica. “Así que toda aportación é pouca, e o complementario pode destinarse a actuacións de conservación urxentes no propio recinto”, explica Del Río.

“Tan só hai que priorizar: deixar o pavimentado de camiños para facer con fondos municipais e destinar o POS+ a unha inversión estratéxica para Betanzos como rehabilitar o Pasatempo” explica. “Cremos que é urxente poñerse a traballar no tema porque hai actuacións que non poden seguir agardando e é fundamental garantir a conservación do propio parque” explica.

Ampliar a rede de saneamento e poñer en valor o patrimonio

 

Outra das propostas do BNG é destinar parte destes plans de obras a ampliar a rede de saneamento. As nacionalistas avogan por construír pequenas depuradoras ecolóxicas a base de brañas artificiais. “Ten menos custo de obra e mantemento que unha depuradora convencional, non precisa consumo eléctrico nin grandes canalizacións ou bombeos, polo que sae moito máis barato para sanear os núcleos rurais que non teñen sumidoiros”, explica o portavoz municipal do BNG.

As nacionalistas piden fondos para a posta en valor e rehabilitación da fonte dos Cabalos e acceso ao recinto da Feira Nova desde o Campo, un conxunto de mediados do século XIX. A fonte, fronte a Correos, está moi deteriorada e oculta vehículos mal estacionados. “É unha actuación modesta que recuperaría unha fonte centenaria e daría valor a esta zona”, explica Del Río.

Ademais, a imaxe doutras cidades europeas, desde o BNG propoñen a adquisición de lonas decoradas para cubrir as ruínas do Casco Histórico. “Pode ser coas fachadas desaparecidas, con imaxes históricas da zona monumental ou mesmo reproducindo cadros que representan a nosa cidade, o caso é facer atractivo centro histórico, como atracción turística e para captar investimento”, explican.

Propoñemos habilitar un centro de interpretación do Pasatempo co POS+