"TEMOS UN PROXECTO DE CIDADE QUE PIVOTA PRECISAMENTE NA POSTA EN VALOR E NO ORGULLO POLO PATRIMONIO QUE HERDAMOS, E O PASATEMPO TEN NEL UN PAPEL CENTRAL"

Demandamos no Pleno coñecer o cronograma para contratar o proxecto de rehabilitación do Pasatempo

Visita ao Pasatempo co deputado de Patrimonio
Visita ao Pasatempo co deputado de Patrimonio

"Esta foi unha lexislatura perdida para recuperar o Pasatempo, cargada de grandes frases pero sen máis compromisos en firme que a achega da área de Patrimonio da Deputación, cuxos técnicos están traballando para poder intervir de urxencia no Parque"

Demandamos no Pleno coñecer o cronograma para contratar o proxecto de rehabilitación do Pasatempo

"Esta foi unha lexislatura perdida para recuperar o Pasatempo, cargada de grandes frases pero sen máis compromisos en firme que a achega da área de Patrimonio da Deputación, cuxos técnicos están traballando para poder intervir de urxencia no Parque"

Betanzos, 21 de marzo de 2019. O BNG presentou unha moción para o Pleno do vindeiro martes para instar á alcaldía a convocar de inmediato a comisión informativa de patrimonio para dar conta das xestións realizadas desde que se pechou o Parque do Pasatempo e do cronograma de actuacións previstas para a contratación do proxecto de rehabilitación do mesmo.

“Desde que outubro do pasado ano caeu parte da illa do Estanque do Retiro, a parte histórica do parque segue pechada e sen data de apertura" explica o voceiro do BNG, Henrique del Río. "A pesar dos múltiples anuncios de contración inminente de proxectos de rehabilitación, a realidade é que a día de hoxe, 5 meses despois do último derrubo, seguimos sen ter proxecto contratado e sen que se avanzara na conservación do Parque”, engadiu del Río.

“Pola súa parte, a área de Patrimonio da Deputación da Coruña ten reservado un orzamento de 700 mil euros para actuacións de urxencia de consolidación dos elementos en risco no Pasatempo, que até o de agora non se puido executar pola falta de proxecto técnico" explica o candidato do BNG á Alcaldía. "Segundo a información que temos, son os propios técnicos da Deputación os que actualmente están traballando para poder intervir de urxencia no Parque” relata.

"Temos un proxecto de cidade que pivota precisamente na posta en valor e no orgullo polo patrimonio que herdamos, e o Pasatempo ten nel un papel central".

“A pesar do anuncio de Feijóo no acto do 800 aniversario, a Xunta aínda non rectificou a súa negativa a incluír fondos para o PAsatempo nos orzamentos a pesar da nosa emenda" recorda o nacionalista. "Así, mentres o Concello, propietario do Parque, e a Xunta administración competente en patrimonio, deixan pasar os meses sen actuación ningunha, é a propia veciñanza e a Asociación de Amigos do Pasatempo a que ten que demandar que se actúe para conservar un ben único e evitar a súa desaparición”, destaca o portavoz do BNG.

"A veciñanza ten dereito a saber como está a cousa, porque o certo é que esta foi unha lexislatura perdida para recuperar o Pasatempo, cargada de grandes frases pero sen máis compromisos en firme que a achega da área de Patrimonio da Deputación " explica.

"Queremos saber en que punto está a contratación dese proxecto, se é que hai algo en firme", relata o candidato do BNG. "Porque temos claro o valor que ten o Pasatempo e o potencial que encerra", abunda Del Río. "Temos un proxecto de cidade que pivota precisamente na posta en valor e no orgullo polo patrimonio que herdamos, e o Pasatempo ten nel un papel central", explica. 
 

Demandamos no Pleno coñecer o cronograma para contratar o proxecto de rehabilitación do Pasatempo