Propoñemos ao Pleno un Plan Integral do Pasatempo

Un acto do BNG no Pasatempo

O BNG presentará ao Pleno do vindeiro martes unha moción para pedir ao goberno local que presente ao Pleno, nun prazo máximo de dous meses, un plan integral do Pasatempo, redactado coa participación da veciñanza, colectivos sociais e grupos da Corporación

Para financiar todas estas actuacións o BNG proporá que o Pleno solicite o cambio de uso para agora que o paseo polo carrizal de San Xiao e insta ao goberno a presentar ao Pleno no prazo máximo de tres meses un orzamento municipal no que se reserve a contía necesaria para estas actuacións ademais das cantidades que acheguen a Deputación e a Xunta de Galicia a este proxecto

Propoñemos ao Pleno un Plan Integral do Pasatempo

O BNG presentará ao Pleno do vindeiro martes unha moción para pedir ao goberno local que presente ao Pleno, nun prazo máximo de dous meses, un plan integral do Pasatempo, redactado coa participación da veciñanza, colectivos sociais e grupos da Corporación

Para financiar todas estas actuacións o BNG proporá que o Pleno solicite o cambio de uso para agora que o paseo polo carrizal de San Xiao e insta ao goberno a presentar ao Pleno no prazo máximo de tres meses un orzamento municipal no que se reserve a contía necesaria para estas actuacións ademais das cantidades que acheguen a Deputación e a Xunta de Galicia a este proxecto

Betanzos, 24 de marzo de 2017. O BNG presentará ao Pleno do vindeiro martes unha moción para pedir ao goberno local que presente ao Pleno, nun prazo máximo de dous meses, un plan integral do Pasatempo, redactado coa participación da veciñanza, colectivos sociais e grupos da Corporación. Ademais as nacionalistas fan algunhas propostas concretas que piden que sexan valoradas neste Plan como “integrar a estatua da Caridade e a fonte das Catro Estacións no que queda do parque axardinando o seu entorno, amoblándoo dignamente e cubrindo o peche do campo de fútbol e o polideportivo con murais con imaxes do antigo Pasatempo, para axudar a explicar o contexto destes elementos”, explica Del Río.

Outras medidas que as nacionalistas propoñerán no Pleno son recuperar e poñer en valor o anaco do peche orixinal do parque que queda a carón da piscina, recuperar os xardíns que reproducían en buxo un dormitorio e un comedor ou aproveitar os edificios sen uso do Pasatempo para ubicar un centro de interpretación dende o que explicar o contexto do parque, a súa decadencia e sucesivas tentativas de recuperación. Identificar as especies animais e vexetais que enchen os xardíns e establecer roteiros botánicos ou sobre a simboloxía oculta do parque son outras das propostas do BNG, que propón crear unha app sobre o Pasatempo para levalo nos móbiles.

Valorar desviar a circunvalación para evitar vibracións que ameacen a conservación

Ademais, as nacionalistas propoñen valorar dotar de maior seguridade e vixilancia o recinto ou analizar o desvío da estrada de circunvalación que compromete a estabilidade da zona monumental do parque. Neste sentido, abren tamén o debate sobre retirar a pasarela de ferro que cruza o parque e aproveitar o espazo que ambas actuacións liberarían para ampliar o parque e recuperar o acceso orixinal ás grutas da parte histórica. “Mesmo se podería organizar neste novo espazo un concurso internacional de paisaxismo e deseño de xardíns que complemente ao parque”, suxire Del Río.

Financiamento: cambio de obxecto do convenio do paseo e orzamento municipal para 2017

Para financiar todas estas actuacións o BNG proporá que o Pleno solicite o cambio de uso para agora que o paseo polo carrizal de San Xiao e insta ao goberno a presentar ao Pleno no prazo máximo de tres meses un orzamento municipal no que se reserve a contía necesaria para estas actuacións ademais das cantidades que acheguen a Deputación e a Xunta de Galicia a este proxecto.

Debate na Comisión de cultura do Parlamento

Neste sentido o BNG explicou que aínda que o Parque é propiedade municipal, obviamente a Xunta ten responsabilidade xa que ten a competencia exclusiva sobre patrimonio. Os nacionalistas lamentaron que o PP votara de novo en contra no debate na Comisión de Cultura do Parlamento de dotar de fondos a recuperación do parque. “Presentamos as nosas propostas dentro do debate que se celebrou hoxe na comisión de Cultura que recollían asinar o convenio proposto polo Concello de Betanzos e a Deputación da Coruña para financiar de maneira conxunta o proxecto de rehabilitación do conxunto histórico do Parque do Pasatempo, así como un plan de actuación conxunto entre o Concello de Betanzos, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galiza para a conservación, mantemento, posta en valor e promoción do Parque do Pasatempo co obxectivo de dar a coñecer este conxunto histórico único en Galiza”, explicou a portavoz do BNG na comisión Olalla Rodil.


“Por desgraza, semella que hai quen prefire seguir enredando a conta do Pasatempo en lugar de tomar xa decisións de calado para permitir a recuperación do parque”, lamentou o portavoz municipal do BNG en Betanzos, Henrique del Río. “PSOE e PP recuperan o sainete que mantiveron nos 90 entre Concello e Xunta para acusarse mutuamente de non actuar mentres as consecuencias pagámolas as veciñas e o patrimonio da cidade”, engadiu.

Propoñemos ao Pleno un Plan Integral do Pasatempo