AS NACIONALISTAS DEMANDAN FONDOS E UN CRONOGRAMA PARA ACABAR CON ESTE TIPO DE EPISODIOS E QUE O GOBERNO LOCAL FAGA PÚBLICO UN MAPA CON TODOS OS PUNTOS DE VERTEDURA INDICANDO DE ONDE PROVEÑEN

Pediremos explicacions no pleno por unha multa ao Concello por vertidos desde a rede municipal á ría

verquidofrabricaluz
Un vertido no Mendo


As nacionalistas demandan fondos e un cronograma para acabar con este tipo de episodios e que o goberno local faga público un mapa con todos os puntos de vertedura indicando de onde proveñen

Pediremos explicacions no pleno por unha multa ao Concello por vertidos desde a rede municipal á ría
As nacionalistas demandan fondos e un cronograma para acabar con este tipo de episodios e que o goberno local faga público un mapa con todos os puntos de vertedura indicando de onde proveñen

Betanzos, 20 de novembro de 2019. O BNG pedirá no Pleno explicacións pola multa que a Xunta ven de impoñer ao Concello de Betanzos por vertidos desde a rede de saneamento ao río Callou. “En xullo a Xunta impuxo unha multa por vertidos sen autorización ao Concello, por importe de 2500 euros”, relata o voceiro nacionalista, Henrique del Río.

Os vertidos a este río, que fai divisoria entre Betanzos e Bergondo e desemboca na ría en Miodelo, proveñen da zona do polígono industrial de Piadela. “En decembro de 2016 sucedéronse, durante semanas, vertidos nesta zona, con repercusión na calidade das augas e nas actividades extractivas na ría”, recordan as nacionalistas.

Por este motivo, exixen á alcaldesa, María Barral, que aclare a que vertido se deben e que medidas adoptaron, ademais de pagar a multa, para solucionalo. “Fugas da rede de saneamento municipal, eivas no funcionamento da EDAR do porto, deficiente funcionamento das decantadoras situadas na bacía do Mero, son problemas que afectan directamente á calidade de vida da nosa veciñanza, pois convén lembrar que eses ríos cunha importante carga de augas sen depurar pasan polo medio da nosa cidade, con canto iso conleva”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río.

As nacionalistas recordan que en xullo a Corporación aprobou unha moción do BNG pedindo, ademais de fondos e un cronograma para acabar con este tipo de episodios, que o goberno local que faga público un mapa coas distintas saídas de augas pluviais aos ríos, para que a veciñanza poida coñecer, distinguir e identificar os aportes de auga aos caudais dos ríos e poida colaborar na localización, denuncia e eliminación de vertidos contaminantes.

“O PSOE botou anos asegurando, en ton propagandístico, que non había vertidos, que a totalidade do municipio estaba saneado e cada pouco tempo atopámonos con episodios coma este”, repasa Del Río. “Non sabemos que foi dos expedientes por vertidos que anunciou o goberno local, xa que non atopamos ningún acordo impoñendo multas por este tema, e agora temos que ver como é o propio Concello quen é sancionado por verter a cano augas residuais á ría”, conclue.

Pediremos explicacions no pleno por unha multa ao Concello por vertidos desde a rede municipal á ría