Del Río: " Que a Deputación interveña directamente no Pasatempo é unha boa noticia para o parque"

xuntanzapatrimonio
Del Río e Regueira nunha xuntanza coa Asociación de Amigos do Pasatempo

"Agora só resta que por fin o goberno local se comprometa a redactar ou contratar o proxecto de rehabilitación para a Horta de Don Juan, é o que lle imos demandar no pleno extraordinario do vindeiro martes"

"O BNG está facendo todo o posíbel por conservar o Pasatempo, tomando a iniciativa desde a Deputación e acadando un acordo de todos os grupos no Parlamento para poñer por escrito por vez primeira cal é o compromiso que a Xunta asume con respecto ao Pasatempo"

Del Río: " Que a Deputación interveña directamente no Pasatempo é unha boa noticia para o parque"

"Agora só resta que por fin o goberno local se comprometa a redactar ou contratar o proxecto de rehabilitación para a Horta de Don Juan, é o que lle imos demandar no pleno extraordinario do vindeiro martes"

"O BNG está facendo todo o posíbel por conservar o Pasatempo, tomando a iniciativa desde a Deputación e acadando un acordo de todos os grupos no Parlamento para poñer por escrito por vez primeira cal é o compromiso que a Xunta asume con respecto ao Pasatempo"

Betanzos, 8 de novembro de 2018. "O anuncio da Deputación de intervir directamente no Pasatempo para conservalo é unha boa noticia", valorou o voceiro do BNG, Henrique del Río. "Agardamos que a Xunta autorice con celeridade os labores preventivas que quere desenvolver a Deputación cos 600 000 euros reservados para actuar no parque e envíe apoio técnico", desexou. O nacionalista saudou o anuncio realizado polo deputado provincial de Plans, Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira, para realizar actuacións preventivas de urxencia no parque enciclopédico.

 "Agora só resta que por fin o goberno local se comprometa a redactar ou contratar o proxecto de rehabilitación para a Horta de Don Juan", puntualiza Del Río. "Iso é o que lle imos demandar no pleno extraordinario do vindeiro martes", aclarou. "Imos demandar prazos concretos e actuacións concretas para frear e revertir o deterioro do Pasatempo desde o Concello, porque non deixa de ser unha propiedade municipal pero, sobre todo, porque é un activo estratéxico para Betanzos e o Concello debería ter clara unha folla de ruta e un proxecto para el aínda que carecese de competencias sobre o mesmo", explica.

"Que a Deputación vaia intervir directamente no Pasatempo cos fondos que reservou xa en marzo é unha boa noticia para o parque e para Betanzos", engadiu. "O BNG está facendo todo o posíbel por conservar o Pasatempo", explicou Henrique del Río. "Tomando a iniciativa desde a Deputación ante a pasividade do goberno local e acadando un acordo de todos os grupos no Parlamento para poñer por escrito por vez primeira cal é o compromiso que a Xunta asume con respecto ao Pasatempo", engadiu.

Del Río: " Que a Deputación interveña directamente no Pasatempo é unha boa noticia para o parque"