DESDE O BNG ANUNCIARON QUE PRESENTARÁN UNHA INICIATIVA DE MAN DO DEPUTADO NO PARLAMENTO, MINI RIVAS, PARA EXIXIR Á XUNTA EXPLICACIÓNS ÁS NAIS E PAIS SOBRE O SUCEDIDO E QUE TOME MEDIDAS DE INMEDIATO PARA EVITAR QUE POIDA VOLVER A SUCEDER.

Exiximos explicacións á Xunta tras a segunda intoxicación nun mes na Galiña Azul

Amelia Sánchez, Henrique del Río e Ana Pontón no Campo
Amelia Sánchez, Henrique del Río e Ana Pontón no Campo
Desde o BNG anunciaron que presentarán unha iniciativa de man do deputado no Parlamento, Mini Rivas, para exixir á Xunta explicacións ás nais e pais sobre o sucedido e que tome medidas de inmediato para evitar que poida volver a suceder.
Exiximos explicacións á Xunta tras a segunda intoxicación nun mes na Galiña Azul

Betanzos, 5 de novembro de 2019. O BNG anunciou que pedirá explicacións á Xunta despois de saber que no día de hoxe se produciu unha nova intoxicación alimentaria na escola infantil Galiña Azul. “É un segundo caso de intoxicación alimentaria nun mes, polo que sabemos cando menos na Galiña Azul de Betanzos e na de Oza-Cesuras, parécenos moi grave esta situación e pensamos que a Xunta ten que tomar xa medidas para evitar que se poidan repetir”, explicou o portavoz nacionalista, Henrique del Río.

O servizo de comedor das escolas infantís Galiña Azul xestionao unha empresa privada contratada pola Xunta da que dependen estas escolas para nenos de entre 0 e 3 anos. “Tratase de crianzas moi pequenas e a Xunta ten o deber de garantir a calidade do servizo. é inasumíbel que sucedan situacións de risco para a saúde os nenos e nenas como os que se están a producir”, engadiu o nacionalista.