O BNG oponse á privatización da escola infantil do Carregal
"Coa privatización o PP tamén aproveita para subir as taxas ao pasar de 110 euros a 160 na atención educativa e de 33 a 70 euros (incremento do 112%) no servizo do comedor. Para o BNG está claro que esta medida influirá nos beneficios da concesionaria e prexudicará o peto das nais e pais. A finalidade do público é o servizo, a do privado o beneficio"
"Coa privatización o PP tamén aproveita para subir as taxas ao pasar de 110 euros a 160 na atención educativa e de 33 a 70 euros (incremento do 112%) no servizo do comedor. Para o BNG está claro que esta medida influirá nos beneficios da concesionaria e prexudicará o peto das nais e pais. A finalidade do público é o servizo, a do privado o beneficio".
Betanzos, 8 de febreiro de 2012. O xornal Betanzos e a súa comarca, que edita ACEBE, recolle este mes un artigo que publicamos contra a privatización da escola infantil do Carregal, construída mediante un convenio entre a Xunta e o Concello. Polo seu interese reproducímolo a seguir de xeito íntegro.
O BNG oponse á privatización da escola infantil do Carregal
Hai xa 5 anos o BNG comezara dende o goberno da Xunta de Galiza unha iniciativa de extender por todo o pais unha rede de escolas infantís. Esta iniciativa viña demostrando que na Xunta había un goberno con prioridades, prioridades que se demostraron abrindo toda unha rede de 92 escolas infantís, con máis de 11 000 prazas para nenas e nenos e creando os conseguintes postos de traballo. Permitiron os concellos ter un alivio económico xa que deles dependía exclusivamente que houbera ou non escolas infantís públicas.
Temos que recordar que nos gobernos da Xunta de Galiza que tivo Manuel Fraga non abriron nin unha escola infantil, que dependera da Xunta e non se preocuparon se os concellos podían abrir ou manter as que tiñan. Tamén permetiron que moitas familias tiveran onde deixar as súas fillas e fillos facendo máis sinxela a conciliación da vida familiar coa laboral.
Esta rede de escolas infantís foi moi criticada polo PP dende a oposición pero o único que fixeron ao chegar o goberno da Xunta foi estragar 50 000 euros en vinilos para mudarlles o nome de "galescolas" por "galiñas azuis", só por revanchismo demostrando así que o único que lle molestaba ao PP era o nome, recoñecendo así o bo traballo feito polo BNG no goberno da Xunta.
Pois todo isto xa chegou o seu fin no mes de xaneiro cando o PP dende a Xunta de Galiza publicou o concurso para a xestión privada das primeiras escolas infantís, entre elas a de Betanzos, seguindo a súa liña de privatización. Demostrando que as súas prioridades son o beneficio do privado e non o bo servizo do público.
Coa privatización o PP tamén aproveita para subir as taxas ao pasar de 110 euros a 160 na atención educativa e de 33 a 70 euros (incremento do 112%) no servizo do comedor. Para o BNG está claro que esta medida influirá nos beneficios da concesionaria e prexudicará o peto das nais e pais. A finalidade do público é o servizo, a do privado o beneficio.
O goberno do PSOE sabía da intención da Xunta de privatizar este servizo e quedou de brazos cruzados sen facer nada como nos ten acostumado, tendo un doble discurso. Mentres o Secretario Xeral do PSOE Pachi Vazquez denunciaba a privatización das escolas infantís o alcalde de Betanzos Ramón García colaboraba coa Xunta.