Demandaremos no Pleno ao goberno local que garanta que Visecorsa cumpre a normativa ambiental
“O pasado xoves durante toda a tarde e até entrada a noite esta empresa emitiu un fume negro e denso visíbel perfectamente mesmo desde o centro de Betanzos que volveu desatar as queixas da veciñanza de Talai e dos veciños e veciñas de Betanzos segundo nos trasladaron”
O BNG trasladará este tema ao Pleno municipal que se celebrará o vindeiro martes e pedirá ao goberno que actúe e reclame da Xunta, competente en medio ambiente, as medicións oportunas para garantir que esta empresa cumpre coa normativa en materia ambiental.

Betanzos, 24 de marzo de 2017. O BNG pediu ao goberno local que actúe diante das queixas veciñais polas emisións da empresa Visecorsa en Talai. “O pasado xoves durante toda a tarde e até entrada a noite esta empresa emitiu un fume negro e denso visíbel perfectamente mesmo desde o centro de Betanzos que volveu desatar as queixas da veciñanza de Talai e dos veciños e veciñas de Betanzos segundo nos trasladaron”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río.
O BNG trasladará este tema ao Pleno municipal que se celebrará o vindeiro martes e pedirá ao goberno que actúe e reclame da Xunta, competente en medio ambiente, as medicións oportunas para garantir que esta empresa cumpre coa normativa en materia ambiental. “Parece obvio que a actividade dunha empresa ten que ser compatíbel coa saúde e co coidado do noso medio e o concello terá que actuar para garantir o benestar dos veciños e veciñas”, engadiu Del Río.
O portavoz nacionalista recordou que o BNG hai tres anos cando se abriu a actual fábrica en Talai xa trasladara varias veces ao Concello en apoio aos veciños e veciñas a súa oposición a que unha empresa destas características, que emite ruídos e fumes se instalase a carón das vivendas. “Cando esta empresa se instalou na antiga fabrica de Maderas Betanzos xa advertimos que non era un serradoiro nin unha pequena empresa familiar e que, polo tanto, non era o lugar para que se establecera unha empresa coma esta.
Na nosa comarca temos terreo industrial baleiro nos polígonos onde entendemos que é un sitio máis idóneo para fábricas con emisión de fumes e ruídos”, engadiu del Río, mais “unha vez que o goberno concedeu a licenza e se negou a negociar coa empresa que se establecera noutra ubicación desde logo o que sí é imprescindíbel e que se asegure de que cumpre a normativa e garanta a saúde e calidade de vida da veciñanza”, concluíu.