O BNG solicita información sobre o proceso de remunicipalización do Complexo Deportivo do Carregal

Salvador González: “O goberno local debe informar  ao conxunto da veciñanza a respecto do estado da xestión da piscina municipal e do conxunto do Complexo Deportivo do Carregal”

O BNG solicita información sobre o proceso de remunicipalización do Complexo Deportivo do Carregal

Betanzos, 25 de novembro de 2024.- O BNG de Betanzos presentará unha iniciativa no pleno ordinario de novembro co fin de instar ao goberno municipal a cumprir o acordo de investidura e a elaborar e facer público o estudo sobre a remunicipalización dos servizos do Complexo Deportivo do Carregal.

O concelleiro nacionalista, Salvador González, indicou que “No mes de marzo do ano que ven remata a concesión, así que quedan catro meses para tomar unha decisión sobre como se vai xestionar no futuro o Complexo Deportivo. Isto está causando malestar e inseguridade nos traballadores e traballadoras, que están preocupados pola súa situación laboral, como é lóxico”.

No BNG lembraron que o pacto de investidura entre o PSOE e o BNG de Betanzos recollía o compromiso do goberno local para realizar un estudo sobre a remunicipalización do servizo do que non se volveu ter noticias.

“É necesario que tomemos decisións para solventar a situación e para iso precisamos ter toda a información. O PSOE ten que cumprir os acordos aos que chegou hai máis dun ano e o antes posíbel facer público o estudo que se comprometeu a elaborar,  e que o anterior concelleiro de deportes afirmou nun Pleno que se estaba facendo”, afirmou González.

O BNG solicita información sobre o proceso de remunicipalización do Complexo Deportivo do Carregal