O BNG esixiu que se activen medios dixitais para os trámites de inscrición no complexo deportivo do Carregal
O goberno local ten que asumir as súas responsabilidades dar explicacións á veciñanza e articular unha solución para a situación caótica que estamos sufrindo”.
Desde o BNG denunciaron ademais que non se están a gardar as prazas de grupos para as persoas aboadas e non hai follas de reclamación dispoñíbeis.
Betanzos, 12 de setembro de 2022.- O BNG esixiu que se activen medios dixitais para os trámites de inscrición no complexo deportivo do Carregal. As nacionalistas fixéronse eco das queixas das persoas usuarias polo caótico sistema de inscrición que se abriu esta mañá. “Non se pode ter a xente máis de cinco e seis horas agardando na rúa para facer un trámite sinxelo”, criticou a portavoz do BNG Amelia Sánchez.
“O concello non pode lavar as mans e eludir novamente responsabilidades”, engadiu a voceira nacionalista. “O goberno local ten que asumir as súas responsabilidades dar explicacións á veciñanza e articular unha solución para a situación caótica que estamos sufrindo”, esixiu Sánchez.
Desde o BNG denunciaron ademais que non se están a gardar as prazas de grupos para as persoas aboadas e non hai follas de reclamación dispoñíbeis.