O BNG presentou a campaña "Mellor local, mellor galego" cun reparto por Betanzos
Amelia Sánchez: “Con esta iniciativa queremos chamar a atención sobre a necesidade de poñer en marcha un verdadeiro plan de dinamización e impulso do comercio, que é un sector estratéxico para Betanzos por volume de negocio e de emprego creado”
16 dec. 2023 - 09:09
Betanzos, 15 de decembro de 2023. O Apalpador acompañou onte á portavoz municipal do BNG, Amelia Sánchez, e a edís e militantes nacionalistas na presentación da campaña de apoio ao comercio local “Mellor local, mellor galego”.
“Con esta iniciativa queremos chamar a atención sobre a necesidade de poñer en marcha un verdadeiro plan de dinamización e impulso do comercio, que é un sector estratéxico para Betanzos por volume de negocio e de emprego creado”, explicou a voceira do BNG, Amelia Sánchez.
“A día de hoxe o sector do comercio e das pequenas e medianas empresas continúan a sufrir as consecuencias da crise pospandémica e encaran unha crise económica global, co encarecemento da vida e dos produtos, e desde o BNG pensamos que é importante poñer en marcha medidas no curto prazo que axuden a mitigar o impacto desta situación” remarca Sánchez Pérez.
A voceira nacionalista recorda que, “ao longo dos anos, no BNG vimos presentando diversas e repetidas iniciativas plenarias para poñer en valor este sector e para presentar propostas firmes de apoio ao tecido comercial e empresarial brigantino”. “Cómpre que o goberno local faga un esforzo en promover o consumo no pequeno e mediano comercio como opción responsábel, sustentábel ambiental e socialmente e consciente, axustado ás necesidades reais da veciñanza e rachando co consumismo vinculado, en boa medida, a datas moi concretas como as festas de Nadal, Aninovo e Reis”.
Neste sentido, desde o BNG volven insistir na necesidade de poñer en marcha un banco de locais comerciais para facilitar a apertura de novos negocios e de poñer en marcha, dunha vez, o prometido mercado virtual que permita comprar en Betanzos a través de internet e poñer nas casas do cliente final o produto. “O comercio de Betanzos precisa dun plan de de dinamización e impulso que poña a andar todas as ferramentas que ofrece o centro comercial aberto e os condicionantes e oportunidades que Betanzos ofrece, e ten que facerse de xeito diaologado co sector, alén de un ou dous actividades puntuais”, explica Amelia Sánchez.
Para dar a coñecer todas estas cuestións, as nacionalistas e mais o Apalpador percorreron os comercios do centro da cidade na tarde de onte repartindo material informativo da campaña coas propostas concretas que o BNG trasladará ao Pleno a vindeira semana e mais os xa tradicionais colantes, baseados en animais e árbores autóctonas, para os agasallos da campaña de Nadal e Reis.
Obradoiros de reciclaxe para unha decoración única
“Desde o BNG hai anos que vimos propoñendo a organización de obradoiros de reciclaxe para crearmos unha decoración festiva máis respectuosa co medio, máis orixinal e elaborada pola propia veciñanza, por considerar que cómpre aplicar criterios de sustentabilidade e reducir custos, permitindo así ampliar a decoración a rúas que quedan fóra destas actuacións” engade Amelia Sánchez.
“Uns obradoiros que se poderían organizar contando coas diferentes asociacións de veciños e que implicarían a toda a veciñanza betanceira, completando a decoración que se instala desde o propio Concello” destaca, lembrando que é a iniciativa que ten feito rerefencial a decoración de Nadal diferente de Allariz, que se convirte tamén en redución do volume de refugallos e nun atractivo turístico máis.